'María Casares fronte ao espello', unha retrospectiva do legado da artista no seu centenario

É unha obra realizada por Sabela Hermida.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 05/10/2022 | Actualizada ás 19:52

Comparte esta noticia

A Xunta e a Editorial Xerais presentaron este mércores a obra 'María Casares fronte ao espello', de Sabela Hermida, unha retrospectiva do legado da artista con motivo do centenario do nacemento da actriz coruñesa, que se conmemora este ano.

O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, e o director xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, participaron nun acto para dar a coñecer o contido desta obra, xunto coa autora e o director da Editorial Xerais, Fran Alonso.

Os representantes da Consellería de Cultura coincidiron en destacar a calidade da obra de Sabela Hermida, na que se aborda dunha maneira moi completa a figura dunha personalidade tan complexa como é María Casares.

Como indicaron, 'María Casares fronte ao espello' está concibida como unha retrospectiva da biografía, da evolución artística, do legado filosófico e da concepción da arte dramático da actriz, influenciada en gran medida pola corrente existencialista francesa da que se nutre no exilio. Pon en valor a súa pegada no teatro do século XX, especialmente no do exilio, xa que se converteu nun referente para as vangardas da época.

A actriz María Casares
A actriz María Casares

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta