Protesta das Traballadoras do Servizo de Axuda no Fogar para reclamar un "convenio digno"

No transcurso da mobilización, unha de consígnas máis coreadas polas traballadoras foi a de 'O 6,5 non se negocia', en alusión ao 6,5% de incremento do IPC deste ano, que "hai empresas que aínda non abonaron".

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 04/10/2022 | Actualizada ás 14:33

Comparte esta noticia

Traballadoras do Servizo de Axuda non Fogar (SAF) de distintas partes de Galicia concentráronse este martes diante do Consello Galego de Relacións Laborais (CGRL), coincidindo coa celebración dunha nova mesa de negociación, para reclamar un "convenio digno" que implique, entre outras cuestións, unha subida salarial.

Tal e como explicou a secretaria nacional da CIG-Servizos, Transi Fernández, o convenio galego de Axuda non Fogar leva sen negociarse desde o ano 2011 e a patronal "tentou mesmo rexeitalo e desfacer a súa asociación en 2012 para poder pasar así ao convenio estatal".

Aínda que nestes momentos está constituída unha mesa de negociación, non conseguiu achegar posturas en tres encontros. Transi Fernández explicou que a "peor proposta" foi a presentada na última reunión, onde "a patronal manifestou a súa pretensión de crear dúas escalas salariais dependendo do ano de concesión que ten cada empresa nos concellos".

"Hai concesións que teñen dous anos en vigor, outras que acaban este ano ou o que vén. Eles o que fan é dar dúas propostas salariais, que pode chegar o caso que supoñan unha discriminación salarial e que traballadoras dun concello cobren máis que outro ou viceversa", denunciou.

En todo caso, critica a representante da CIG, todas as propostas empresariais "limítanse a un incremento que non inclúe revisión salarial" e "limítanse a unha rebaixa de xornada, pero no ano 2026".

No transcurso da mobilización, unha de consígnas máis coreadas polas traballadoras foi a de 'O 6,5 non se negocia', en alusión ao 6,5% de incremento do IPC deste ano, que "hai empresas que aínda non abonaron".

Transi Fernández denunciou que hai empresas que "teñen acumuladas débedas salariais coas súas traballadoras de ao redor dun 3,1% e 3,5%" e "néganse a actualizar ese salario ata que se negocie o novo convenio colectivo".

Concentración de traballadoras do SAF en Santiago.. CIG
Concentración de traballadoras do SAF en Santiago.. CIG | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta