Santiago avanza na modificación da regulación de pisos turísticos coa oposición do PP

Expón a modificación puntual do título III do Plan Xeral de Ordenación Municipal.

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 12/09/2022 | Actualizada ás 18:05

Comparte esta noticia

Unha sesión extraordinaria do pleno de Santiago de Compostela aprobou este luns abrir a segunda exposición pública a modificación puntual do título III do Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM), para regular os usos das vivendas de uso turístico (VUT). Esta medida afectará a 902 vivendas que se atopan neste réxime, pero só 683 están rexistradas na Xunta, segundo o Concello de Santiago

Pleno extraordinario do Concello de Santiago deste luns, 12 de setembro
Pleno extraordinario do Concello de Santiago deste luns, 12 de setembro | Fonte: CONCELLO DE SANTIAGO.

Esta modificación contou cos votos a prol do grupo do goberno, o Partido Socialista, o BNG e Compostela Aberta, mentres que o Partido Popular manifestouse en contra.

Con todo, este non é o paso final. A partir da publicación no DOG, o Plan estará durante dous meses aberto para a realización de alegacións e peticións. Unha vez finalizado ese período e revisadas as novas alegacións, elaborarase un documento no que se integrarán as modificacións para proceder á súa posterior aprobación provisional.

Antes do comezo do pleno, a representante da asociación de propietarios de pisos turísticos, Estrella Ferreiro, denunciou a "situación de desamparo" na que se atopan moitos dos titulares.

Desta forma, sinalou que os propietarios se "senten desamparados" e tachou o goberno local de "ameazante". Con todo, manifestou "a desconformidade coa modificación, por inxusta e lesiva", así como polo "dano que lle ocasionará á cidade a transformación dos escaparates en vivendas de uso turístico". Ademais solicitou a "suspensión das propostas de sanción en curso".

Tamén interveu o representante de Previrtuga, que fixo referencia á "dificultade" pola que pasa o mercado do aluguer e aclarou que a plataforma "non está en contra deste tipo de usos", pero "ante as dificultades" que xa tiña o sector, sumóuselle o "o crecemento desproporcionado das vivendas de uso turístico".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta