Por Europa Press / Redacción | MADRID | 12/09/2022 | Actualizada ás 14:05
O expresidente do Goberno Mariano Rajoy participa cun cameo na nova película do director Paco Arango, 'Mi otro Jon', segundo anunciaron desde a propia longametraxe.
Tal e como detallan desde a película, a participación de Rajoy suporá a súa "estrea na interpretación por unha boa causa", xa que o cuarto proxecto cinematográfico de Paco Arango destinará todos os seus beneficios a mellorar a vida dos nenos enfermos de cancro a través da Fundación Aladina e a axudar aos damnificados polo volcán da Palma.
Polo momento non se desvelou o papel que interpreterá Rajoy e só se adiantou unha imaxe do expresidente do Goberno antes da rodaxe dunha escena, xunto a unha claqueta e vestido con traxe á espera de instrucións.
"Quedaba aínda unha sorpresa por chegar tras a confirmación doutros cameos moi especiais como o de Ana Obregón ou Macarena Gómez e os motores volvéronse a acender para dar a benvida a Mariano Rajoy", explicaron desde a película.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.