A realidade virtual pode producir respostas similares ás de certas substancias psicoactivas, segundo un grupo da USC

Glowacki, fundador e responsable do Laboratorio de Realidades Intangibles, leva anos traballando nunha experiencia de realidade virtual multi-persoa, á que chamaron 'Isness'. Nela, grupos de ata cinco participantes experimentan en cuestións como a disipación colectiva dos seus propios corpos.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 08/09/2022 | Actualizada ás 19:32

Comparte esta noticia

Un traballo liderado polo investigador do Centro Singular de Investigación en Tecnoloxías Intelixentes da USC (CiTIUS), David Glowacki, e publicado na revista científica Nature Scientific Reports, acaba de demostrar "como as experiencias grupais de realidade virtual poden producir respostas similares ás desencadeadas por certas substancias psicoactivas con potencial uso terapéutico", informa a universidade.

Glowacki, fundador e responsable do Laboratorio de Realidades Intangibles, leva anos traballando nunha experiencia de realidade virtual multi-persoa, á que chamaron 'Isness'. Nela, grupos de ata cinco participantes experimentan en cuestións como a disipación colectiva dos seus propios corpos.

No artigo que acaba de publicarse, o equipo investigador vai un paso máis aló no deseño destes espazos grupales, "permitindo que participantes situados en distintos lugares do mundo cohabiten o mesmo espazo virtual para ter unha experiencia remota de superposición corpórea".

"Seguimos mellorando a nosa tecnoloxía para xerar de maneira segura estas experiencias de auto-transcendencia desde a realidade virtual e contribuír ao desenvolvemento de alternativas terapéuticas", afirman desde o grupo.

Recentes investigacións publicadas en diversas áreas de estudo que van desde a psicoloxía, neurociencia, filosofía, farmacoloxía ou teoloxía profundaron no potencial terapéutico deste tipo de actuacións.

Realidade virtual na exposción 'Galicia, un relato non mundo'. XUNTA
Realidade virtual na exposción 'Galicia, un relato non mundo'. XUNTA

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta