Renuncia a edil da Marea Atlántica Claudia Delso por motivos "persoais e políticos"

Di que recibiu unha oferta de traballo en Barcelona. Marea Altántica destaca o traballo realizado como edil durante a etapa de Xulio Ferreiro como alcalde.

Por Europa Press / Redacción | A CORUÑA | 01/09/2022 | Actualizada ás 15:37

Comparte esta noticia

A edil da Marea Atlántica no Concello da Coruña Claudia Delso confirmou, a través de redes sociais, que renuncia á súa acta por "cuestións persoais e tamén políticas", de forma que o do día 8 será o seu último pleno municipal.

Trasládao en redes sociais tras comunicalo ao grupo municipal, á coordinadora da Marea Atlántica e á alcaldesa da Coruña, Inés Rey. En concreto, explica, a súa decisión "de dimitir e deixar o Concello da Coruña antes de que termine a lexislatura".

"É unha decisión meditada" que responde a "cuestións persoais", por unha oferta de traballo en Barcelona, e tamén "políticas", di a edil, que enxalza o traballo feito pola Marea Atlántica e mostra o seu agradecemento por estes anos.

En redes sociais, apunta tamén que "unha vez decidida a non renovación do grupo municipal ao completo, esta debe facerse canto antes para que outros compañeiros e compañeiras tomen a substitución tan sa como necesaria". Na súa despedida, avoga tamén por "construír desde a diferenza" e apela á facer política "con responsabilidade".

Pola súa banda, desde a Marea Atlántica lamentan a marcha de Claudia Delso e trasládanlle o seu agradecemento polo seu traballo, como edil e como responsable de Participación e Innovación durante a etapa de Xulio Ferreiro como alcalde.

"Co seu traballo, contribuíu a pór en marcha políticas que significaron novos dereitos cidadáns e abriron as portas do Concello á veciñanza", expoñen desde o partido instrumental, que destaca medidas como os orzamentos participativos ou a creación do 'escano cidadán'.

Claudia Delso concelleira Coruña. CONCELLO DA CORUÑA - Arquivo
Claudia Delso concelleira Coruña. CONCELLO DA CORUÑA - Arquivo | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta