O alcalde de Madrid tamén se apunta á moda do Camiño e realiza o Camiño Inglés

Chegará o domingo a Compostela.

Por Europa Press / Redacción | A CORUÑA | 26/08/2022 | Actualizada ás 14:13

Comparte esta noticia

O alcalde de Madrid, José Luís Martínez-Almeida, atópase realizando o Camiño Inglés, nunha xornada de venres na que chegou a Abegondo, onde foi recibido polo seu homólogo, José Antonio Santiso Miramontes, tamén do PP. Tamén a ex lider de Vox, Macarena Olona, anunciou que fará o camiño Francés desde Sarria.

Coincidindo co paso desta alternativa do itinerario peregrino por Abegondo, o rexedor local e o seu equipo de goberno acudiron ao encontro co alcalde madrileño, quen destacou "os lugares extraordinarios polos que pasa o Camiño".

"Cunhas pistas que os peregrinos agradecemos enormemente e uns espazos naturais como este no que nos atopamos que son espectaculares", expuxo sobre a zona do encoro de Beche, nun acto con presenza tamén do alcalde de Coirós, Francisco Quintela.

Martínez-Almeida, ao que o alcalde de Abegondo agradeceu a súa parada no municipio, explicou que é a primeira vez que fai o Camiño Inglés, despois de facer xa o Primitivo e o Francés. Na xornada do sábado, fará 35 quilómetros co obxectivo de chegar o domingo a Santiago de Compostela, segundo explicou.

O alcalde de Madrid, José Luís Martínez-Almeida, xunto ao rexedor de Abegondo, José Antonio Santiso Miramontes, nunha parada no municipio durante o percorrido do Camiño Inglés. CONCELLO DE ABEGONDO
O alcalde de Madrid, José Luís Martínez-Almeida, xunto ao rexedor de Abegondo, José Antonio Santiso Miramontes, nunha parada no municipio durante o percorrido do Camiño Inglés. CONCELLO DE ABEGONDO | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta