Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 06/08/2022 | Actualizada ás 12:31
A Garda Civil detivo a dous veciños do municipio coruñés de Cesuras como presuntos autores dun delito contra a saúde pública e outro de defraudación de fluído eléctrico por cultivar marihuana. Ambos identificáronse como membros da República Errante do Menda Lerenda, polo que expuñan que non estaban suxeitos á lexislación española.
Segundo trasladou o Instituto Armado, nun dos rexistros requisaron 17 quilos brutos de cogollos de marihuana, un teléfono móbil, 1.500 euros, un computador portátil, un disco duro, un xogo de ganzúas eléctricas, lámpadas e efectos para o cultivo da marihuana.
No domicilio do outro detido incautaron tres bolsas de plantas de marihuana con inflorescencias, cun peso bruto de 1,340 quilos, así como efectos e obxectos para o cultivo das plantas.
A Garda Civil explicou que os feitos sucederon ao ter coñecemento os axentes da existencia dun "trafego de entrada e saída" de persoas nos "domicilios okupados" polos agora detidos.
As autoridades iniciaron esta operación, dirixida polo Xulgado número 2 de Betanzos, achegando certificado por parte da compañía eléctrica dun consumo elevado de electricidade que puidese demostrar que no seu interior podería haber unha posible plantación.
Así, os axentes procederon á detención destas dúas persoas como presuntos autores dun delito contra a saúde pública, outro de defraudación de fluído eléctrico e á incautación dos efectos atopados. Ambos foron postos a disposición xudicial do Xulgado número 2 de Betanzos.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.