Rueda culpa ao Goberno da saturación sanitaria en Galicia: "teñen que convocar o MIR"

O presidente da Xunta incide que, polo momento, non se baralla suspender vacacións para cubrir prazas.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 06/08/2022 | Actualizada ás 12:28

Comparte esta noticia

O presidente da Xunta e líder do PP galego, Alfonso Rueda, vén se pronunciarse sobre o contexto difícil da sanidade en Galicia. Nun momento en que profesionais e sindicatos denuncian o colapso se varias áreas --en particular a do Salnés--, o presidente vén de lanzar unha mensaxe de difícil interpretación: "Oxalá que os problemas en sanidade se solucionaran cambiando pesoas", dixo na mesma semana en que o seu Goberno autorizou o cesamento do xerente do Sergas, José Flores, e o seu paso para dirixir unha das áreas con máis problemas, a de Pontevedra.

O presidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, durante unha entrevista con Europa Press, no seu despacho de San Caetano.. Álvaro Ballesteros - Europa Press
O presidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, durante unha entrevista con Europa Press, no seu despacho de San Caetano.. Álvaro Ballesteros - Europa Press | Fonte: Europa Press

Rueda incidiu que non se baralla de momento suspender vacacións de persoal sanitario: lonxe de ser un "recurso inmediato", sería só un paso a dar en "circunstancias extremas", como recolle a lei. Baixo o seu punto de vista, e segundo lle trasladou ao presidente Pedro Sánchez, a situación sanitaria supón agora mesmo un "problema xeral" en España e esixe, en consecuencia, "unha solución global".

"Aquí hai dúas solucións, que o Goberno central faga durante catro anos convocatorias extraordinarias de MIR ou que diga que as comunidades podemos facelas. Se di que as comunidades podemos facelas, nós inmediatamente fariámolas buscando recursos onde fóra", garantiu.

De feito, apuntou que resulta "difícil de entender" por que o Goberno non accede a esta petición se todo o custo económico e de xestión recaería sobre as comunidades. Afirmou que llo preguntou a Sánchez na súa recente cita e que, "fóra da súa comprensión", non obtivo resposta. "Dixo que o ía a estudar, espero que o faga canto antes", resolveu.

AYUSO E FEIJÓO

O presidente da Xunta e líder do PP galego, Alfonso Rueda, ve acreditado que o "estilo" da súa compañeira e presidenta madrileña, Isabel Díaz Ayuso, funciona na súa Comunidade, e considera que, aínda que "diferente" das formas políticas do líder nacional do partido, Alberto Núñez Feijóo, que reivindica un perfil moderado, a este non lle supón "un problema" porque "non é en absoluto" inseguro.

Nunha entrevista concedida a Europa Press, o presidente galego, cuxa traxectoria política estivo ligada a Feijóo desde o ano 2006 ata a súa marcha a Madrid, foi preguntado acerca de se considera ao seu agora xefe de filas estatal máis próximo ao "estilo Ayuso" ou ao do mandatario andaluz Juanma Moreno. E respondeu que Feijóo ten "o seu propio estilo".

"(No PP) somos persoas diferentes e creo que hai moitas menos contradicións do que se quere facer ver. Hai máis coincidencias, aínda que cada un teña o seu estilo e a súa forma de entender as cousas. Pero hai moitas máis cousas que nos unen das que nos separan", sentenciou.

Sobre se considera que Feijóo debería facer algún tipo de chamada a capítulo a Ayuso polos seus posicionamentos, que poderían desdebuxar a súa imaxe de moderado, Rueda replicou que a Ayuso "en Madrid non lle foi mal co seu estilo" e mostrouse convencido de que dentro do PP "sábese distinguir perfectamente".

"Estou seguro de que falan moito internamente, cónstame", proclamou, convencido de que para Feijóo o "estilo Ayuso" non supón un problema. Esta circunstancia, dixo, "pódese dar en líderes inseguros", pero Rueda considera que o seu antigo xefe na Xunta "non o é en absoluto".

En relación ao decreto de aforro enerxético impulsado polo Goberno, Rueda identificouno con "medidas cosméticas", pero aínda así dixo que "a lei hai que cumprila" e reafirmouse en que Galicia o fará. En todo caso, respecta que Ayuso decidise analizar "se ve motivos para recorrer a norma" ao Tribunal Constitucional (TC).

"Está no seu dereito", aseverou, antes de engadir que non sabe se á súa compañeira gústalle "máis ou menos" que a el o decreto estatal. "A min non me gusta nada, pero a lei non nos vai a quedar máis remedio que cumprila", esgrimiu.

PACTAR CON VOX?

Durante a entrevista, Rueda mostrouse "moi optimista" con respecto ás posibilidades de Feijóo de entrar na Moncloa. "A sensación está na rúa", sentenciou, á vez que evitou situarse acerca de, se chegado o momento o líder do PP non obtén a maioría necesaria para gobernar, vería mellor un pacto con Vox ou novas eleccións. "Imos tentar que non sexa necesario pactar con ninguén", apelou, antes de citar o exemplo de Andalucía e de lembrar que se pediu "confiar" no PP e Moreno logrou a maioría absoluta.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta