Prohibido capturar choco na ría de Arousa ata o 30 de outubro

Por E.P. | Vilagarcía de Arousa | 05/08/2022 | Actualizada ás 18:34

Comparte esta noticia

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica a resolución da Consellería do Mar na que se establece que a captura do choco na ría de Arousa está prohibida desde o 3 de agosto ata o 30 de outubro de 2022.

Na resolución, a Xunta enmarca está decisión dentro da normativa que regula artes, equipamentos e técnicas que están permitidas para a extracción profesional.

Co cal, durante o período de veda está prohibida a captura, tenencia abordo ou transbordos deste molusco. Ademais, todas as capturas realizadas --aínda que se produzan de forma accidental-- deben ser devoltas ao mar.

En concreto, a veda na captura de choco está establecida na ría de Pontevedra desde o 11 de xullo ata o 31 de outubro de 2022 e na ría de Vigo desde o 19 de xullo ata a mesma data de finalización.

Exemplar de choco
Exemplar de choco | Fonte: Europa Press.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta