'Siesta', o bolso feito en Ferrol que se converte en respaldo pregable para a praia

A emprendedora ferrolá Manuela García Calderón é a creadora deste novo 2x1.

Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 08/07/2022 | Actualizada ás 19:00

Comparte esta noticia

Manuela García Calderón é a creadora de 'Siesta', un complemento que funciona como un auténtico 2x1: trátase dun bolso lixeiro capaz de converterse en cadeira pregable para a praia. Desta maneira, ofrece a posibilidade de facilitar os desprazamentos a pé, garantir a comodidade e gañar espazo tanto na casa como no maleteiro do coche.

'Siesta', o bolso que se converte en cadeira pregable para a praia
'Siesta', o bolso que se converte en cadeira pregable para a praia | Fonte: remitida

Baixo o lema 'O apoio que necesitas, o descanso que mereces', o invento desta creadora ferrolá e profesora de ensino secundario na Coruña xa está a chamar a atención de medios de tendencias como a revista Telva, que recolleu este complemento estival de fabricación exclusivamente galega como unha das recomendacións para este verán no seu número de xuño.

"'Siesta' é o reflexo do menos é máis", explica a creadora, que lanza así ao mercado un proxecto persoal no que leva dous anos traballando e co que se estrea no mundo do

emprendemento. "Era un paso que necesitaba dar: compartir como unha realidade o que no seu día foi simplemente unha idea que fun madurando co paso do tempo. Hai que apostar por unha mesma e polos proxectos que che xorden", explica a creadora.

'Siesta' ten un peso de tan só 708 gramos e as súas dimensións son de 41 centímetros de longo por 32 de alto e 7 centímetros de ancho. Conta con petos interiores, peche de cordón, correa axustable e hombreira de coiro. O respaldo, fabricado con ferros de policarbonato, resulta modulable a diferentes alturas para axustarse á inclinación desexada e dispón dun

revestimento acolchado para conseguir unha maior sensación de confort.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta