Contraste de temperaturas no norte e no sur de Galicia

No norte da Coruña e Lugo serán máis agradables que nas zonas do interior de Ourense e Pontevedra e conca do MIño.

Por Europa Press / Redacción | MADRID | 13/06/2022 | Actualizada ás 09:54

Comparte esta noticia

Un total de 32 provincias, de once comunidades autónomas, estarán este luns en risco (amarelo) ou risco importante (laranxa) pola onda de calor, que deixará ata 43ºC en varios puntos, segundo a previsión da Axencia Estatal de Meteoroloxía (Aemet). En Galicia, as temperaturas non serán tan elevadas pero haberá contrastes entre o norte e o sur do país.

Un home camiña sen camiseta o día en que España comezou a sufrir un 'importante' episodio cálido con temperaturas de pleno verán
Un home camiña sen camiseta o día en que España comezou a sufrir un 'importante' episodio cálido con temperaturas de pleno verán | Fonte: Cézaro De Luca - Europa Press

Así, no norte as tempeoraturas serán máis frescas e mesmo hai a posibilidade de algunha chuvia débil na zona da Mariña. No sur, principalmente, na conca do Miño, e en zonas do interior de Ourense e Pontevedra as temperaturas estarán preto dos 30º. Tamén haberá bancos de néboa matinais no interior do país. 

Por outra banda, haberá alerta amarela por fenómenos costeiros na provincia de A Coruña. Tamén hai aviso de vento do nordeste en Galicia e Cantábrico occidental, con intervalos fortes na costa galega.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta