Xornalistas alertan das "colas da fame" e das guerras que quedan sen contar

Fixérono no Encontro Acampa pola Paz que se celebra na Coruña.

Por E.P. | A CORUÑA | 10/06/2022 | Actualizada ás 13:39

Comparte esta noticia

Xornalistas e fotoxornalistas de todo o Estado alertaron da existencia de "colas da fame" en países máis aló dos que transcenden aos medios de comunicación, como algúns de África, e tamén das guerras que non se contan, como a da República Centroafricana ou a do Congo. Así o apuntaron Ricard García e Lys Arango, que participan no Encontro Acampa pola Paz que se celebra na Coruña e que este ano aborda estas cuestións, entre outras.

Pola súa banda, a xornalista Patricia Simón aludiu á situación en Ucraína, e incidiu na "antelación do medo" que percibiu cando estivo en Kiev ou o "odio" non só a Putin senón tamén aos rusos. "A guerra de Ucraína ten que ver tamén cos recursos e a crise climática", incidiu. Ademais, dixo que é difícil informar "se es xornalista e non propagandista" en función de que se conte os feitos protagonizados por ucraínos ou por rusos.

Pola súa banda, o excorresponsal en Moscova Rafael Poch, alertou das "miserias que quedan sen explicar" en relación a este conflito. "Hai intelectuais que desapareceron", apuntou sobre o que ocorre na propia Ucraína, á marxe do que é en si o conflito bélico. O que está a suceder tanto neste país como noutros vinculouno coas "prioridades dunha elite global". "O de sempre, unha guerra entre poderes", sentenciou nunha comparecencia ante os medios de comunicación.

O Encontro Acampa pola Paz clausurarase este sábado nos xardíns de Méndez Núñez nunha edición con exposicións e relatorios. Este sábado intervirá, entre outros, o director de Amnistía Internacional en España, Esteban Beltrán.

Mostra do Encontro Acampa pola Paz. ACAMPA POLA PAZ
Mostra do Encontro Acampa pola Paz. ACAMPA POLA PAZ | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta