Por E.P. | Santiago de Compostela | 13/05/2022 | Actualizada ás 19:24
'As bestas', a nova película de Rodrigo Sorogoyen (Goya ao mellor director por 'El reino') que estreará no Festival de Cannes, publicou o seu primeiro teaser tráiler desta película rodada entre Galicia e O Bierzo. O filme, que se presentará na selección oficial Cannes Premier, está escrito polo propio director xunto a Isabel Peña, tándem que recibiu premios como o Goya ao mellor guión por 'El reino' e a Cuncha de Prata ao mellor guión por 'Que Dios nos perdone'.
Está protagonizada por Marina Foïs, Denis Ménochet os galegos Luís Zahera e Diego Anido, e Marie Colomb, acompañados de actores non profesionais.
Este thriller lembra o crime real de Santoalla, ocorrido en Petín (Ourense). Antoine e Olga son unha parella francesa que se instalou hai tempo nunha aldea do interior de Galicia. Alí levan unha vida tranquila, aínda que a súa convivencia cos aldeáns non é tan idílica como desexarían. Un conflito cos seus veciños, os irmáns Anta, fará que a tensión creza na aldea ata alcanzar un punto de non retorno.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.