Follas Novas para Diego Ameixeiras, Manuel Rivas, Yolanda Castaño e David Pintor

Premios honoríficos ao escritor Xesús Alonso Montero, a libreira Mercedes Corbillón, e a escritora portuguesa Ana Luísa Amaral.

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 08/05/2022 | Actualizada ás 16:12

Comparte esta noticia

Os Premios Follas Novas do Libro Galego galardoaron este 2022 os escritores Diego  Ameixeiras, na categoría de narrativa pola súa obra 'O cervo e a sombra'; a Manuel Rivas, en poesía por 'O que fica fóra'; a Yolanda Castaño, pola súa iniciativa cultural 'Poetas Di(n)verso' e a David Pintor, polo seu libro ilustrado 'A Coruña'.

Cerimonia de entrega dos Premios Follas Novas 2022.
Cerimonia de entrega dos Premios Follas Novas 2022. | Fonte: PREMIO FOLLAS NOVAS.

Ademais, nunha gala celebrada este sábado no Teatro Principal de Santiago, a Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega entregou premios honoríficos ao escritor Xesús Alonso Montero, a libreira Mercedes Corbillón, e a escritora portuguesa Ana Luísa Amaral.

O presidente das escritoras e escritores galegos, Césareo Sánchez, recoñeceu que o sistema literario galego ten "unha saúde fráxil" e sinalou que "necesita que se poña en marcha o plan lector e que as administracións teñan empatía co sector". Unha petición que tamén lle fixo "a cada persoa lectora do país".

Estes premios están organizados pola Asociación de Escritoras e Escritores en  Lingua  Galega, a Asociación  Galega de Editoras e a Federación de Librarías de Galicia co apoio da Deputación da Coruña, o Concello de Santiago, Cedro (Centro Español de Dereitos  Reprográficos) e Xunta de Galicia

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta