Localizan nun río o cadáver dunha veciña de Mazaricos que fora dada por desaparecida

A GArda Civil recibiu sobre as 12.00 horas un aviso da súa desaparición.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 02/05/2022 | Actualizada ás 18:09

Comparte esta noticia

Efectivos do Grupo de Emerxencias Supramunicipal de Muros localizaron no río este mediodía o cadáver dunha veciña de Mazaricos que fora dada por desaparecida pouco antes.

En concreto, segundo confirmaron a Europa Press os servizos de emerxencias, foi a familia da muller a que chamou ao redor das 12,00 horas ás forzas da orde para informar de que desaparecera da súa casa, na parroquia de Beba.

De inmediato púxose en marcha un operativo no que participaron efectivos da Garda Civil, GES de Muros, Protección Civil de Mazaricos e persoal sanitario, que foi alertado. Pouco despois de iniciarse os labores de procuras, membros do GES de Muros informaron de que o cadáver da muller fora localizado no río Beba, que pasa pola localidade. Os axentes investigan as circunstancias do suceso.

A Garda Civil nun proceso de busca
A Garda Civil nun proceso de busca | Fonte: GARDA CIVIL

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta