Por E.P. | Ourense | 21/04/2022 | Actualizada ás 20:21
O director Jaime Chávarri regresa ao cinema tras dúas décadas de ausencia coa película 'A mazá de ouro', unha comedia gravada no pazo de Bentraces en Ourense. Esta é unha comedia "máis ao estilo británico que español", explicou o director, Jaime Chávarri, quen aclara que "é así porque o humor parte máis das situacións que dos diálogos".
Para levar a cabo esta comedia, adaptación da novela 'Ávidas pretensións' de Fernando Aramburu, haberá seis semanas e media de rodaxe que comezarán o vindeiro luns no pazo de Bentraces e continuarán noutras localizacións da provincia ourensá.
A historia é a dun convidado inesperado que desestabiliza as xornadas poéticas que cada ano reúnen, nun illado convento do noroeste peninsular, a distintas tendencias da poesía española.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.