A Xunta de Feijóo destina 500.000€ a unha campaña contra a violencia de Xénero que nega Vox en Castela e León

Este concurso chega no mes no que o PP de Castela e León pechou un acordo de goberno con Vox que inclúe a substitución do termo "violencia de xénero" polo de "violencia intrafamiliar".

Por Galicia Confidencial | Compostela | 19/04/2022 | Actualizada ás 22:15

Comparte esta noticia

A Secretaría Xeral de Igualdade da Xunta de Galicia ten aberto un contrato para desenvolver unha campaña publicitaria en materia de prevención e loita contra a violencia de xénero por medio millón de euros. Unha terminoloxía que rexeita Vox, o novo socio de goberno do PP en Castela e León, que quere que se cambie este concepto polo de "violencia intrafamiliar".

Feijóo e conselleiros nunha camiñada da Xunta contra a violencia machista. XUNTA
Feijóo e conselleiros nunha camiñada da Xunta contra a violencia machista. XUNTA

Este mesmo martes, 19 de abril, Alfonso Fernández Mañuecos era investido presidente de Castela e León co compromiso, entre outros, de modificar a actual lei de violencia de xénero para introducir os cambios propostos pola formación de ultradereita. Polo tanto, o concurso publicitario aberto pola Xunta, contrasta co cambio de opinión do PP en Castela e León.

A campaña de publicidade de Galicia ten por finalidade "concienciar a toda a sociedade sobre a necesidade de previr e loitar contra a violencia de xénero, o rexeitamento ao maltratador e a consideración das vítimas, tendo en conta que esta violencia constitúe a expresión máis extrema da desigualdade entre mulleres e homes".

De feito, a Xunta xustifica esta potente campaña publicitaria no Pacto de Estado contra a violencia de xénero, que consta de 10 eixes e un total de 292 medidas competencia tanto da Administración Xeral do Estado, como das Comunidades Autónomas e das entidades locais. Un pacto que Vox quere derogar e é unha das condicións que impón nos seus pactos co PP.

 

"A Secretaría Xeral da Igualdade, no marco do Pacto de Estado contra a violencia de

xénero, considera necesario levar a cabo as actuacións que constitúen o obxecto desta contratación a través da inserción en medios de comunicación de distinto formato, de información básica e de sensibilización sobre a prevención e loita contra a violencia de xénero", recolle na exposición de motivos o prego do contrato desta campaña ao que tivo acceso o GC.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta