O Concello da Coruña recadará fondos para o pobo ucraíno cunha carreira

Aceptaranse doazóns en metálico durante o acto, previsto para o 24 de abril.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 12/04/2022 | Actualizada ás 18:40

Comparte esta noticia

O Concello da Coruña promoverá durante a realización da carreira C10 do próximo domingo 24 de abril accións solidarias en apoio á poboación ucraína. A concelleira de Deportes, Mónica Martínez, e a de Igualdade, Benestar Social e Participación, Yoya Neira, presentaron as iniciativas municipais durante este evento, organizado conxuntamente coa Federación Galega de Atletismo, representada na rolda de prensa polo seu presidente Isidoro Hornillos. Tamén participou no acto Natalia Afónina, presidenta da asociación AGA-Ucraína.

A cidadanía poderá facer as súas achegas económicas tanto a través da páxina web habilitada pola Federación Galega de Atletismo como nunha caixa colocada no Parrote o día da carreira. Para esta acción solidaria creouse o dorsal 0 ou dorsal solidario. Os fondos recadados irán destinados á Asociación Galega de Axuda a Ucraína (AGA-Ucraína) co obxectivo de dotar os hospitais ucraínos do material necesario para atender ás persoas feridas pola guerra.

Acto de presentación da Carreira C10. ANDY PEREZ
Acto de presentación da Carreira C10. ANDY PEREZ | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta