Medio cento de persoas maniféstanse en Santiago a favor de Rusia e da independencia do Donbass

Defende que a actual guerra está provocada pola OTAN e piden unha "Ucraína antifascista".

Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 01/04/2022 | Actualizada ás 14:00

Comparte esta noticia

Santiago de Compostela acolleu o xoves 31 de marzo unha concentración en apoio ao Donbass e á Ucraína antifascista" na Praza do Toural. Segundo destacan dende a organización da mesma, o Comité Galego de Apoio ao Donbass, á cita acudiron máis de medio cento de persoas, cunha "presencia plural de militantes demócratas, revolucionarios e antiimperialistas".

Medio cento de persoas manifestanse en Santiago a favor de Rusia e da independencia do Dombass
Medio cento de persoas manifestanse en Santiago a favor de Rusia e da independencia do Dombass | Fonte: CGAD

Baixo cánticos como “No Donbass, fascismo nunca máis”, “Desnazificar Ucraína xa” ou

“Galiza co Donbass, nin un paso atrás” a concentración, aseguran as mesmas fontes, "supuxo un forte contrapunto ao relato asumido pola meirande parte das forzas políticas galegas". No manifesto, lido por Francisco Sebio, as persoas reunidas deixaron claro que non eran “neutrais nin exercemos a falsa equidistancia. Tampouco “inxenuos e funcionais pacifistas que reforzan a narrativa imperialista”.

Para os alí concentrados, a guerra ruso-ucraína  consiste "nunha confrontación

estratéxica entre a barbarie imperialista e os pobos que non se queren deixar esmagar". De aí que os manifestantes se simpatizantes “con quen combate con firmeza e determinación á besta nazifascista”, que neste caso viría ser Rusia, en apuntamento directo ao coñecido como batallón Azov, entre outros

Para o Comité Galego de Apoio ao Donbass, a concentración é "apenas un paso máis na loita contra o imperialismo europeo e norteamericano". O Comité sinala sinala que "cada vez son máis os militantes revolucionarios de diversas procedencias os que están a poñerse en contacto para sumarse á loita". Entre os seus obxectivos a futuro --pois pretenden lanzar máis convocatorias-- pasarán por denunciar a "complicidade" do Estado español, a UE e a

OTAN na "barbarie que está a perpetrar Zelenski e os seus aliados seguidores de Stepan

Bandera", histórico colaboracionista dos nazis reivindicado por parte do nacionalismo ucraíno.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 3 comentarios

2 Gamela

Lamentablemente na convocatoria aínda non aparece o Coronel Paco Rodríguez (?) Pero do que non temos dúbidas é do ascendente do pensamento nacionalista~internacionalista na figura política do Francisco Sebio https://gl.wikipedia.org/wiki/Franc... Seguramente haberá hoxe en Ucrania tantos nazis como en Galicia (aquí de momento carecen de armas!) O día que vendan Kalashnikovs nos "chinos" igual levamos todos unha sorpresa !

1 Brais Borrego

Paco Sebio, aquel leninista que tanto apoia a Putin como a Breznev

1 Marta FO

Hostias, hai bodorrio entre o Chovi "Violator" e o Morais "Ribera del Duero"? Joder, como avanza Pedro Mouriño, amigo do señor amigo dos narcos, como celestino dos proPutin nestas terras!