Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 24/03/2022 | Actualizada ás 14:34
A Garda Civil contará con dez novos equipos de loita contra a violencia de xénero, con 30 gardas civís, na provincia coruñesa, segundo informou a subdelegada do Goberno na Coruña, María Rivas, na presentación das unidades xunto ao coronel xefe da Comandancia da Garda Civil nesta provincia, Francisco Javier Jambrina.
No acto, a subdelegada lembrou que, actualmente, son 1.888 as vítimas de violencia de xénero con casos activos na provincia e precisou que os novos servizos estarán en Cambre, Betanzos, Mugardos, Milladoiro, Ordes, Melide, Noia, Boiro, Corcubión e Carballo. Os obxectivos dos novos equipos serán mellorar a calidade da atención ás vítimas e a coordinación cos policías locais e intensificar o seguimento de cada caso tanto para vítimas como para agresores.
"As vítimas terán un novo apoio", remarcou a subdelegada, que manifestou que a loita contra a violencia de xénero e a igualdade son "claves" para o Goberno. Sobre estas unidades, dixo que os axentes con especializacion traballarán coa situación específica de cada victima de forma personalizada".
Pola súa banda, o coronel xefe da Comandancia da Coruña Francisco Javier Jambrina precisou que se dará unha resposta "máis especializada" porque, ademais dos postos existentes na Benemérita, as vítimas poderán facer uso destas novas unidades. "Terán a opción de ir a un punto máis especializado e cunha resposta máis profesional", apuntou.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.