O prezo medio para comprar un garaxe en Galicia subiu un 4,1% en 2021, segundo un estudo de Fotocasa

En Malpica de Bergantiños, Moaña e A Coruña incrementouse en maior medida o prezo anual dos garaxes.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 22/02/2022 | Actualizada ás 11:55

Comparte esta noticia

O prezo dos garaxes en Galicia subiu un 4,1 por cento con respecto a 2020, pero descendeu un 11,6% se se compara con hai cinco anos (2016), segundo un estudo difundido este martes por Fotocasa. Hai cinco anos os galegos tiñan que pagar, de media, 11.856 euros para poder comprar un garaxe, mentres que en 2021 foi de 10.478 euros. Con todo, o prezo medio en Galicia en 2020 foi de 10.064 euros, o que demostra o incremento de prezos deste último ano.

A pesar de que a media de Galicia demostra que houbo unha subida no prezo dos garaxes, se se analiza a desagregación por cidades, vese que en sete das 11 cidades analizadas descendeu o prezo dos garaxes en venda, sendo as que teñen unha caída maior Betanzos (30%), Vigo (11%) e Ferrol (8%).

Con todo, as tres cidades nas que máis incrementou o prezo anual son Malpica de Bergantiños (24%), Moaña (9%) e A Coruña capital (4,5%). Dentro das cidades, as que teñen o prezo máis alto correspóndense con Ourense capital (por 19.586 euros), Vigo (17.856 euros) e A Coruña capital (14.634 euros). Pola súa banda, en Santiago o prezo medio ascende a 13.623 euros e en Lugo capital de 13.570 euros.

Polo seu lado, os municipios máis económicas para comprar un garaxe son O Pino (3.040 euros), A Laracha (3.514 euros) e Mugardos (3.852 euros).

SUBIDA XENERALIZADA

En case todas as comunidades autónomas subiu o prezo dos garaxes en 2021, oito das cales superan a media nacional de 3,4%. A máis afectada foi Castela e León, seguida de Andalucía, Navarra e, en cuarta posición, Galicia.

Só hai tres comunidades nas que descendeu o prezo, que son Estremadura con case un 4%, a Rexión de Murcia (3,4%) e País Vasco (1.6%). Se se comparan os prezos con respecto a 2016, en todas as comunidades descendeu, coa Rexión de Murcia (cun descenso de máis de 30%), Navarra (case o 30%) e A Rioxa (22,8%) como destacadas. A media de España atópase no 15,5%.

Garaxe, aparcadoiro, parquing
Garaxe, aparcadoiro, parquing | Fonte: EP

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta