Temas: PROCESIONARIA

A Estación de Areeiro advirte da presenza no chan das primeiras procesionarias

Aconsella evitar paseos en zonas de piñeiros e cedros, xa que o contacto con estes animais pode causar irritacións ou problemas máis graves.

Por E.P. | Pontevedra | 01/02/2022 | Actualizada ás 18:44

Comparte esta noticia

A Estación Fitopatolózica de Areeiro, centro dependente da Deputación de Pontevedra, lanzou un novo aviso fitosanitario para advertir da presenza no chan das primeiras larvas procesionarias (Thaumetopoea pityocampa), ante o que aconsella evitar paseos en zonas de piñeiros e cedros xa que o contacto con estes animais pode causar irritacións ou problemas máis graves.

Lrvas de procesionaria observadas pola estación de Areeiro
Lrvas de procesionaria observadas pola estación de Areeiro | Fonte: Deputación de Pontevedra.

Así, persoal técnico de Areeiro atopou nunha zona de control nun extremo da leira a primeira procesión "de enterramento" das larvas desta especie, que posúen pelos urticantes que, en contacto coas persoas e animais domésticos, poden causar irritacións (de pel, ollos, etc.), picores, rinitis e outros problemas que poden ser graves.

Por este motivo, desde a Estación Fitopatolóxica sinalan que é primordial non tocalas, nin sequera achegarse a elas, porque liberan os pelos urticantes cando se senten ameazadas. Moi sensibles son tamén os cans que, ademais, poden ter problemas graves.

Temas: PROCESIONARIA
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta