Non hai fronteiras?

Cómpre decatarse da potencia que acadou a iniciativa popular a respecto do tema Terra de Tanxugueiras para representar ao Estado na Eurovision e mesmo para gañala. Mesmo-ou nomeadamente- dos que nunca estivemos pendente da Eurovision Fest. O pobo é quen máis ordena e vivimos unha revolución nas últimas semanas canto á reivindicación da lingua e produción musical galegas. Porque Tanxugueiras construé dende a fusión entre a nosa tradición musical e os elementos modernos e internacionais que elas mesmas escollen para construir a súa proposta.

Por X.A. Pérez-Lema | A Coruña | 30/01/2022

Comparte esta noticia

Neste contexto, a proposta das Tanxugueiras é atómica, porque foi quen de tirar de ducias de milleiros de galegos (e doutros cidadáns do Estado, seica na súa meirande parte dos territorios e nacións con linguas de seu) para reivindicar a súa lingua, cultura e música.

Xira de Tanxugueiras. THE OFFICE COMUNICACIÓN
Xira de Tanxugueiras. THE OFFICE COMUNICACIÓN

Mais nesa mobilización popular insírese unha outra demanda: que o Estado español, nomeadamente o seu establishment político, cultural ou mesmo musical, fose quen de recoñecer que a lingua e a música tradicional galegas (ben que moi fusionada con outros elementos que actualizan e potencian a proposta Tanxugueiras) puidesen  representar un Estado plurinacional, pluricultural e plurilingüe que, asemade, fracasa na Eurovision Fest dende o século XX.

Este día vimos como o xurado de 5 persoas que a RTVE nomeou para esta tarefa excluiu Tanxugueiras da final do sábado 29-X, con graves sospeitas a respecto das 3 persoas españolas do xurado, tanto polos seus vencellos con outros concursantes como por unha posta en escea ben agresiva a respecto das que sempre foron as gañadoras na democracia do público.

De seguro que Tanxugueiras compite- e ha competir- esta noite con esa España que acredita ser unilingüe, unicultural e uninacional. Ao mellor sen se decatar que está dirixida en todos os seus ámbitos por un deep state que tamén existe no mundo cultural, musical e do espectáculo. Porque a loita non é só cunha lingua galega prohibida de facto para representar España, senón cun establishment musical que non acredita na música que se fixo, fai e fará na nosa Galicia. Nin na súa evolución no próximo pasado nin no próximo futuro.

Quizais este domingo constituirá un abrente para que loitemos sempre por obter o mellor recoñecemento aos produtos culturais galegos na escea internacional, mais para ir recoñecendo que, neste Estado español no que vivimos, o que compre é recoñecermos o valor destes produtos na propia Galicia, albiscando un mercado europeo e internacional para eles, ao mellor, sen ter que pasar-por forza- pola España.

 
A arrincadeira O xuri caciquea o fallo do Benidorm fest.
 
Tanxugueiras gañou por malleira no voto popular (25% da avaliación) e do xuri democópico (25%, a medio dun colexio de 350 persoas supostamente  representativas da pluralidade social), mais ficou de terceira pola cacicada do xuri da RTVE (50%), que, avaliáandoa como quinta, determinou a súa imposibilidade para acadar a remontada polo voto popular e do xuri demoscópico. Unha cacicada que define a casposidade, limitación mental e falla de recoñecemento á pluralidade e calidade musicais de RTVE e do establishment español do espectáculo de onde se escolleu a maioría o xuri. Cumpriría investigar as supostas conexións con Chanel dalgunha das tres representantes españolas do xuri, seguindo informacións aínda non abondo contrastadas.
 
          

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Xoán Antón Pérez Lema Licenciado en Dereito e graduado en Administración de Empresas. Leva exercendo a avogacía máis de vinte anos e dirixe o seu propio despacho n’A Coruña, con nomeada adicación ao Dereito Administrativo e Mercantil . Foi profesor da Escola de Práctica Xurídica do Colexio de Avogados coruñés e da Facultade de Ciencias Sociais da Universidade de Vigio. Arestora imparte a docencia no primeiro programa de asesoría xurídica de empresa que se desenvolve en Galicia, no Instituto de Finanzas e Formación Empresarial (IFFE).Publicou varios traballos sobre temática xurídica. Foi xefe de gabinete do Conselleiro da Presidencia Pablo González Mariñas, sendo Presidente Fernando González Laxe e secretario xeral de Relacións Institucionais na Vicepresidencia da Xunta ás ordes de Anxo Quintana (2007-2009). Fpoi asesor xurídico do Consello da Xuventude de Galicia (1991-1997) e tivo unha intensa actividade na defensa penal de obxectores e insumisos até que se acadou a supresión do servizo militar obrigatorio. Colaborador da Radio Galega e da TVG e de varios xornais, revistas e emisoras de Radio e TV galegas.