GC Aberto

Sobre o malgasto populista (e clasista, e inmoral) do noso diñeiro público

Xunta e concellos pretenden mercar o noso voto con parte da nosa contribucíón ao benestar colectivo.

Por Sentidiño | GC ABERTO | 12/12/2021

Comparte esta noticia

Coma cidadá residente en Compostela, as administracións agasállanme cun bono autonómico chamado Bono Cultura, de 50 euros, sexa eu parada ou Marta Ortega, para cine, música, teatro, ou videoxogos; e máis o “Bono Corazón Compostela”, municipal, que me entrega 30 euros do presuposto público para que os gaste no comercio local, se eu poño 45. Á parte, dedico un ou dous euros diarios a unha ou dúas persoas usuarias da Cociña Económica, que se financia de maneira autónoma. Varios centos de nen@s de Compostela, e máis as súas nais, non comerán bistés nin hoxe, nin en varios días... Pero eu, que gaño dous mil ao mes, serei subvencionada cuns 80 euros para escoitar no Auditorio a Real Filharmonía. Elas, as parias, e seus fillos e fillas, se non queren bistés, que coman pasteis.

A Rua do Franco, en Santiago de Compostela, baleira tras a entrada en vigor das últimas restricións.. Álvaro Ballesteros - Europa Press
A Rua do Franco, en Santiago de Compostela, baleira tras a entrada en vigor das últimas restricións.. Álvaro Ballesteros - Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 2 comentarios

2 Sentidiño

Hoxe mesmo, vinte de novembro, no parlamento, debatindo os orzamentos, Ana Pontón dixo: "O señor Rueda leva dous meses repartindo cheques como se pensara que pode comprar o voto dos galegos e as galegas e xa lle digo que non, que a xente deste País non se vende por un cheque”. “Pensan que a xente moza que non pode pagar un aluguer está pensando no seu cheque para facer un cruceiro polo Mediterráneo?” Coherencia.

1 Sentidiño

Este artigo ten dous anos. Estamos en 2023, e o BNG de Goretti Sanmartín insiste en facer o mesmo que o Psoe de Bugallo. Xa sacaron os Bonos Corazón, e xa se esgotaron. Daba noxo antes, e dá noxo agora.