Alertan das estafa nas compras por Internet no Black Friday

Nestes días de gran volume de compras online, unha das principais ciberameazas é o phishing, tipo de estafa coa que os ciberdelincuentes rouban o nome de usuario e o contrasinal.

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 22/11/2021 | Actualizada ás 14:35

Comparte esta noticia

As compras online seguen en aumento e con elas os ciberdelitos con ataques informáticos a diario a empresas e particulares. O Black Friday que se celebra este venres 26 de novembro e o seu complemento cibernético, o "Ciberluns" está adicado principalmente ás compras por internet, e estas ciberestafas incrementaranse se cabe aínda máis.

Fernando Suárez, presidente do Colexio Profesional de Enseñaría en Informática de Galicia
Fernando Suárez, presidente do Colexio Profesional de Enseñaría en Informática de Galicia | Fonte: Colexio Profesional de Enseñaría en Informática de Galicia

O Colexio Profesional de Enseñaría en Informática de Galicia (CPEIG) explica que o comercio electrónico é un sistema de compravenda de produtos e servizos que está cada vez máis de moda e suma adeptos día tras día.

Nestes días de gran volume de compras online, unha das principais ciberameazas é o phishing, tipo de estafa coa que os ciberdelincuentes rouban o nome de usuario e o contrasinal. O CPEIG sinala que para realizar este ciberdelito, os atacantes envían un correo, simulando ser unha marca ou tenda coñecida no que se inclúe un enlace a un portal falso e solicitan os datos do usuario.

Para protexerse contra un ataque de phishing, en lugar de facer clic no enlace do correo electrónico, o CPEIG explica que o consumidor debe ir directamente ao sitio web da marca real e iniciar sesión alí. "O phishing é o punto de partida do 90% de ciberataques que se producen actualmente" engade Suárez, presidente do CPEIG.

Segundo datos da Delegación do Goberno en Galicia, existe constancia oficial de case 13.000 vítimas de ciberestafas cometidas entre xaneiro e setembro de 2021 en Galicia, o que supón un incremento do 51% respecto a 2020.

RECOMENDACIÓNS COMPRAS INTERNET

O CPEIG recomenda non facer compras conectados a unha rede wifi pública. Hai que asegurarse de que se visitan webs seguras, comprobando que na parte superior apareza o cadeado de SSLO. A privacidade é fundamental polo que é importante que xamais se revele a información persoal (nº de tarxeta, dirección...) por email ou teléfono.

Utiliza unha tarxeta só para compras por internet, unha boa opción é ter unha de prepago, a cal se utilice para só para eses fins. Mesmo moitas entidades bancarias ofrecen tarxetas virtuais para este tipo de compras. 

E por último, utiliza o sentido común. Desconfía de aquelas ofertas demasiado atractivas e utiliza webs de confianza.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta