Marina Mayoral recibe o premio José Luís Alvite 2021

É concedido pola Asociación de Periodistas de Galicia (APG).

Por Europa Press / Redacción | Mondoñedo | 22/10/2021 | Actualizada ás 19:38

Comparte esta noticia

O conselleiro de Cultura, Román Rodríguez, entregou o Premio José Luís Alvite 2021 a Marina Mayoral, nun acto en Mondoñedo, localidade natal da galardoada.

Marina Mayoral
Marina Mayoral | Fonte: www.marinamayoral.es

Nesta sexta edición, o premio, instituido pola Asociación de Periodistas de Galicia (APG) en 2016, foi outorgado por unanimidade a Marina Mayoral, catedrática emérita de Literatura Española, escritora e veterana columnista.

Mayoral é académica de honra da Real Academia Galega desde 2017 e ademais dos seus ensaios e novelas, na súa obra sobresaen os seus contos. Entre o centeo de traballos de investigación realizados destacan as súas obras sobre Rosalía de Castro, Emilia Pardo Bazán, a análise da poesía e prosa contemporáneas, e estudos sobre a problemática da escritura feminina ao longo da historia.

Pola súa banda, o conselleiro reivindicou a traxectoria da premiada como docente, escritora, académica, investigadora e xornalista.

En anteriores edicións, o Premio José Luís Alvite foi concedido a Xosé Luís Barreiro Rivas (2016), a Ánxel Vence Lois (2017), a José de Cora Paradela (2018), a Carlos Luís Rodríguez (2019) e a Siro López (2020).

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta