O Valedor apoia que letrados condenados por violencia machista non exerzan nestes casos

Esta petición xa foi abordada o pasado verán no Consello Estatal de Asistencia Xurídica Gratuíta, un foro no que o Ministerio "mostrou a súa disposición a regular a nivel estatal dita limitación".

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 20/10/2021 | Actualizada ás 21:13

Comparte esta noticia

A Federación de Asociacións de Mulleres Rurais (Fademur) de Galicia informa de que o Valedor do Pobo apoia a súa petición para que os letrados condenados por violencia machista sexan apartados da quenda de oficio especializada neste caso e demanda ao Ministerio de Xustiza que acepte estas recomendacións.

Nun comunicado, Fademur Galicia asegura que o Defensor do Pobo remitiu un escrito ao Goberno central para que teñan en conta esta petición.

De tal forma, a entidade valora que as vítimas de violencia machista "están un pouco máis preto de recibir a defensa xusta e empática que merecen e á que teñen dereito".

Precisamente, esta petición xa foi abordada o pasado verán no Consello Estatal de Asistencia Xurídica Gratuíta, un foro no que o Ministerio "mostrou a súa disposición a regular a nivel estatal dita limitación".

Nos últimos meses, Fademur iniciou unha rolda de contactos para impulsar esta reivindicación, de maneira que espera que "non caia no esquecemento" e o Ministerio de Xustiza concrétea canto antes nun marco normativo.

A Valedora do Pobo, María Dores Fernández Galiño, e a presidenta da Rede Galega contra a Pobreza (EAPN-Galicia), Eloína Ingerto, na firma dun convenio.. VALEDOR DO POBO
A Valedora do Pobo, María Dores Fernández Galiño, e a presidenta da Rede Galega contra a Pobreza (EAPN-Galicia), Eloína Ingerto, na firma dun convenio.. VALEDOR DO POBO

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta