Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 15/10/2021 | Actualizada ás 14:57
A investigación da Xunta sobre a procedencia de lumbrigante con ovas empregados nun programa de 'MasterChef' na Coruña conclúe que o marisco era "foráneo", non extraído en augas de Galicia. Por tanto, non procede aplicar a normativa autonómica de produtos pesqueiros.
Segundo explican fontes da Consellería do Mar, constátase que non se produciu "ningún tipo de irregularidade" no proceso de comercialización destes exemplares ao non tratarse de produto local.
Con todo, a Xunta condena a "mala praxe" e lamenta que o programa televisivo "ficcionase a proba na que se empregaron os lumbrigantes dando a entender que eran galegos cando realmente non o eran".
Igualmente, apela á responsabilidade e rigorosidade de todos os axentes sociais, incluídos medios de comunicación, para velar pola calidade e máximas garantías dos produtos do mar galegos de face á súa "boa imaxe nacional e internacional".
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.