O turismo de cruceiro volve á Coruña con limitacións adaptadas á pandemia

O Viking Sky atracou este sábado no porto de Transatlánticos da Coruña con 250 turistas a bordo.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 11/09/2021 | Actualizada ás 18:42

Comparte esta noticia

O cruceiro Viking Sky atracou este sábado no porto de Transatlánticos da Coruña, converténdose así no primeiro cruceiro que atraca na cidade herculina desde o inicio da crise sanitaria. A alcaldesa da Coruña, Inés Rey, recibiu aos 250 pasaxeiros do cruceiro, unha chegada que cualificou de "boa noticia", xa que recupera a "esperanza, vendo como A Coruña volve ser unha gran porta de entrada a Galicia".

Do total de pasaxeiros, o 80% son estadounidenses e o 20% procede do Reino Unido. A este respecto, Rey apuntou que "o Goberno municipal, a través do Consorcio de Turismo, traballa para volver situar A Coruña como unha escala de referencia internacional para os cruceiros".

O porto coruñés recibirá outros 30 cruceiros durante o último trimestre do ano. Ademais, en 2019, segundo sinalou a alcaldesa, foron 160.000 os viaxeiros que chegaron a Galicia a través da Coruña, "unha senda de activación turística dos cruceiros que sen dúbida temos que volver recuperar", asegurou Inés Rei.

A rexedora municipal remarcou que "parte do futuro da cidade entra por unha terminal de pasaxeiros que quedará pequena para todos os cruceiros que van chegar e que haberá que ir mellorando aos poucos".

A este respecto, a alcaldesa afirmou que a cidade está "preparada" para acoller grandes cruceiros e, nesta liña, confirmou que xa programan unha serie de actuacións de face a "potenciar este tipo de turismo sustentable", "facendo da crise, unha oportunidade" para promocionar a cidade como "un dos principais destinos no mundo".

O cruceiro ?Viking Sky? arriba ao peirao de Transatlánticos do porto da Coruña. M. Dylan - Europa Press
O cruceiro ?Viking Sky? arriba ao peirao de Transatlánticos do porto da Coruña. M. Dylan - Europa Press | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta