Política Social destaca o papel dos voluntariados xuvenís no coidado do planeta

A Xunta ofrece máis de 7.800 prazas entre campamentos, minicampamentos e campos de voluntariado.

Por E.P. | Compostela | 16/07/2021 | Actualizada ás 15:21

Comparte esta noticia

A conselleira de Política Social, Fabiola García, destacou que os campos de voluntariado xuvenís que levan a cabo este verán permiten aos mozos "pór o seu granito de area para mellorar o planeta".

Así se expresou a conselleira este venres tras a súa visita á prata da Corna, en Ribeira, onde coñeceu aos participantes no voluntariado que a asociación 'Amicos' desenvolve en Barbanza, no Parque Nacional das Illas Atlánticas.

Fabiola García subliñou que con esta iniciativa, os participantes, entre os que se atopan persoas con discapacidade, conciencíase "do valor do patrimonio natural de Galicia, e"contribúen" a protexelo, ao tempo que comparten unha experiencia coa que gañan autonomía.

Os dez novos de entre 18 e 30 anos que participan no campo de voluntariado realizan tarefas de conservación e limpeza en diferentes localizacións. Ademais da praia da Corna, tamén desenvolveron actividades destinadas á conservación do medio ambiente no Parque Natural de Corrubedo, en Carril e nas illas de Sálvora e Ons.

A titular de Política social sinalou que a mocidade galega "merece un verán para gozar Galicia" e, tal e como indicou, ese é o motivo polo que a Xunta de Galicia puxo en marcha unha campaña de verán con actividades de lecer seguro e responsable "con todas as garantías de seguridade".

Ofrécense máis de 7.800 prazas entre campamentos, minicampamentos e campos de voluntariado para impulsar valores como a convivencia, a participación, a tolerancia e a solidariedade.

Fabiola García visita un campamento na Illa de Sálvora en compañía de Anxos Vázquez.
Fabiola García visita un campamento na Illa de Sálvora en compañía de Anxos Vázquez. | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta