A Xunta declara o nivel alto de restricións en Carnota e mantén a Sarria

Os municipios de Cambre, Castroverde, Oia, Barro, Cambados, Poio, Pontevedra, Vilaboa e Vilanova de Arousa, no nivel medio.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 29/06/2021 | Actualizada ás 21:34

Comparte esta noticia

O comité clínico que asesora á Xunta de Galicia na xestión da pandemia provocada pola covid-19, vén de acordar, na súa xuntanza desta tarde, declarar o nivel alto de restricións no concello de Carnota e manter neste nivel a Sarria, onde un foco familiar disparou os casos.

Terraza
Terraza | Fonte: Jesús Hellín - Europa Press.

Ademais, as medidas do nivel medio serán de obrigado cumprimento nos concellos de Cambre, Castroverde, Oia, Barro, Cambados, Poio, Pontevedra, Vilaboa e Vilanova de Arousa.
Os restantes  concellos galegos permanecerán no nivel medio baixo.

Todas estas medidas entrarán en vigor ás 00:00 horas do vindeiro sábado, 3 de xullo.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta