Beiras recoñece agora a "frustración" dos pactos con Podemos porque non había "reciprocidade" con Galicia"

Di que Galicia "non conta, non existe para España porque é unha colonia interna". Tacha aos Borbóns de "peste bubónica" na presentación do novo libro de Pisarello, quen augura que "Felipe VI non poderá manterse".

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 26/06/2021 | Actualizada ás 16:35

Comparte esta noticia

O histórico dirixente nacionalista Xosé Manuel Beiras, que liderou AGE en 2012 cunha fulgurante entrada en Parlamento galego e posteriormente estivo á fronte dun proceso que desembocou en mareas municipalistas e En Marea, recoñece a "frustración" de que nas alianzas con Unidas Podemos non se "respondía con reciprocidade" a Galicia.

Así o expuxo este sábado en Santiago, nun acto de presentación do libro 'Deixar de ser súbditos. O fin da restauración borbónica', de Gerardo Pisarello, que Beiras considera unha obra "fundamental para comprender moitas cousas" como as "sucesivas frustracións de procesos de emerxencia da cultura revolucionaria republicana".

De tal forma, explicou que durante a lectura deste libro observaba como "Galicia non conta" para España, "non existe", "non está na historia do Estado español desde o século XVIII". Unha cuestión que achaca a que Galicia "era unha colonia interna do Estado español", de forma que "non ten historia" e "se a ten, hai que negala", "hai que silenciala".

Esta reflexión serviulle para entroncar co último período da súa etapa política, como referente de Anova nun contexto de alianzas con formacións como Unidas Podemos. E é que sinala que é alguén que: "Sempre tivo que superar a frustración de darse conta de que, ao final, non se nos respondía con reciprocidade".

Unha problemática que atribúe a que: "Non eramos iguais, non estamos no mesmo status". Beiras opina que, "subsconcientemente", ocorre "no corpo da maior parte de organizacións", aínda que aprecia que Gerardo Pisarello foi unha das excepcións nese tipo de relacións.

Durante a súa intervención, Xosé Manuel Beiras dixo que é "independendista desde que con 13 anos chegou a casa a noticia da morte de Castelao", pero "nunca" practicou o independentismo na politica debido a que avogou "por tender pontes" a través de alianzas, desde os anos 60 ata a última etapa de mareas municipialistas e En Marea.

Asegura que segue falando con Pisarello de como conseguir "unha gran alianza", pero que salga da sociedade civil, pois "por arriba non funciona". "Aos meus 85 anos resúltame moi difícil crer", sentenciou.

A "PESTE BUBÓNICA" DOS BORBÓNS

Paralelamente, Beiras cargou contra o "horror" da dinastía borbónica, á que tachou de "peste bubónica". Lamenta que non se fixese "tábula rasa" coas institucións franquistas na Transición, dado que "40 e tantos anos despois" vese que as "consecuencias foron letais". Respecto diso, definiu ao rei emérito Juan Carlos I como un "grandísimo delincuente fiscal" que se marchou a un país "no que non existen os dereitos humanos".

Este acto contou coa presenza do exalcalde de Santiago Martiño Noriega, así como diferentes membros de Compostela Aberta, incluída o seu actual portavoz, Marta Lois. Precisamente, Gerardo Pisarello quixo agradecer tanto a Beiras como a Noriega a súa influencia.

Pisarello valorou a Beiras como "un mestre" e como "unha das figuras máis prominentes do republicanismo democrático iberoceltamericano". Tamén dixo que compartiu catro anos duros co seu "irmán" Martiño Noriega, cando este era alcalde de Santiago e Pisarello era primeiro tenente de alcalde en Barcelona --entre 2015 e 2019--.

Por iso, necesitaba este libro como "terapia" para "dicir que o truco non coa". Aquí, citou a Charles Maurice de Talleyrand para afirmar: "É costume real o roubar, pero os Borbóns esaxeran".

Sobre a "frustración" da que falou Beiras, Pisarello lamentou que se os Borbóns "seguen roubando carteiras" é porque "esas tradicións republicanas nunca chegaron suficientemente a estar en contacto entre si". Á pregunta de "por que loitar", Pisarello lembra que Beiras lle dixo no seu día que para loitar "non fai falta ter esperanza", senón que hai que facelo "por simple dignidade". "Lóitase porque non se pode vivir doutra maneira", agrega.

"PERSPECTIVA FEMINISTA" DO LIBRO

Pola súa banda, Marta Lois definiu este libro como "un agasallo" por "a forma, contido e momento" dun "artesán de narrar e contar", nunha obra que "ilumina un futuro para pensar". Igulamente, remarca a "perspectiva feminista" e "anticolonial" deste texto para un "futuro republicano" co que "deixar de ser súbditas".

Xosé Manuel Beiras, na Reboraina, nunha entrevista con Europa Press. EUROPA PRESS - Arquivo
Xosé Manuel Beiras, na Reboraina, nunha entrevista con Europa Press. EUROPA PRESS - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 14 comentarios

5 nostrus

Cada un temos o noso modo de ser españoles e este individuo, tan español como calquera, escolleu levar toda a súa vida intentando exportar o peor de Galicia, pero ninguén llo compra porque Galicia é maravillosa. A imaxe de Galicia vista desde fora é moi positiva a pesar do que personaxes coma este se empeñen en enmerdala e que saiba que moito peor que a peste bubónica é a "peste beirista". Éimposible ser galego sin ser español; este é un ADN que os naciotas non poden soportar e lles proe.

1 Casimiro

Hai, cariño, aínda non te enteraches que a identidade é unha opción libre e individual. Quen es ti, paifoco desleigado que odias os teus ancestros e orixe na lama, para dicirme a min se son galego, español, europeo, cidadán do mundo ou apátrida; cristián, musulmano, budista, pastafari, agnóstico ou ateo; macho, femia, dual ou insensible as veleidades do sexo... Vociferar e repetir consignas nazionalistas españolas fai que superes traumas infantís? Pobre daquel infeliz que acha a felicidade espallando odio!

2 nostrus

Tu te refieres a la identidad postiza. Te puedes operar para parecer mas jóven, pero eso no te quita los años. De todos modos la identidad de un territorio responde a la voluntad de todos sus habitantes y no al diseño de mentes nacionalistas. Por cierto, muchos de los que aquí foreais en gallego teneis a este idioma como lengua postiza y no como propia; no es que me impòrte, pero dejad de ser hipócritas y dar lecciones de galleguidad.

3 postizo

"no es que me impòrte, pero..." los territorios NO tienen identidad! Ni lengua! Repasa el ideario de Galicia Bífida: "Los territorios no tienen lenguas ni las lenguas territorios. Ninguno de los dos sufren, sienten o tienen derechos. La personalización de las lenguas es típica de los demagogos y populistas". Un repugnante bífido y provocador españolista debería saber el catecismo nazionalista! Arribaspaña! Y olé, maestro de La Raza!

4 Gamela

como conseguir "unha gran alianza", que salga da sociedade civil ? a resposta semella clara, non falando pestes do 15M como fixo dende o inicio o ínclito dirixente da UPG Paco Rodríguez. E por si alguén ten dúbidas, o mesmo fixo canto estivo na súa man para abortar En Marea, e agora seica teñen un deputado en Madrid que se chama Nestor Rego e pide esmolas no Congreso e ninguén lle fai caso !

1 nostrus

¿É quen é a sociedade civil? Non vaia ser que a sociedade civil son solo eles sin contar cos que non somos da súa calaña e ao mesmo tempo se apropien de Galicia. Si eles son a sociedade civil, o resto, que somos maioria seremos a sociedade civilizada. Abonda xa de apropiarse do que non lles pertenece só a eles. Todos os nacionalismos son iguales.

2 Gamela

Non todos son iguais ! il faut voyager loin en aimant sa maison, Apollinaire, Les mamelles de Tirésias.

3 Oitaburro

Ti sempre apostaches por rebentar pontes non veñas agora querendo reescribir a túa biografía

2 reborainas o feudo

ainda segue o señorito.... VERGONZA!!!!! e logo que esperaba???? pensaba que lle ian dar algo????

1 nostrus

Reflexiones alucinatorias de un personaje condenado eternamente a la incomodidad, que se comporta como un autético bufón y que por más que se esfuerce nunca será comprendido más allá de cuatro feligreses de su parroquia. Galicia es una de las regiones españolas con mayor sentimiento de españolidad, porque todas sus lerias caen en saco roto. El nacionalismo que practica es un papurrí de odio, resignacion, egoismo, falta de lealtad y chocolate con churros, todo "remexido".

1 Nistrom

Un micromecenado para que Nostrus vaia á escola? Apúntome!

2 Moine

Ai, nostrus, nostrus! Nom passas de ser um anano saltarica da Vila e Cortelho, todo o que escreves é estrume de Corte.

3 OpinionDeMerda

En serio que tí falas de nacionalismo, odio e resentimento?? Háztelo ver campeón!!

4 Artur

No fondo un miserabel mercenario a soldo do Ministerio do Interior pois que a sua unica neurona a medio gas non lle da nin para recurtar Pizarra.. Sempre houbo Cipaios e Xudas ao mellor postor...