As Tanxungueiras regresan aos escenarios con actuacións en Carballo e Compostela

O trío celebra a semana da música co ciclo de concertos Acento que promove a Fundación SGAE.

Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 08/06/2021 | Actualizada ás 15:20

Comparte esta noticia

As Tanxungueiras actuarán en vivo en Carballo e Compostela, os días 19 e 20 de xuño respectivamente. As artistas Olaia Maneiro, Aida Tarrío e Sabela Maneiro actuarán por primeira vez nun escenario de Galicia neste 2021, tras empezar a súa xira en Bilbao o pasado 15 de maio. 

Aida Tarrío, Olaia Maneiro e Sabela Maneiro son Tanxugueiras
Aida Tarrío, Olaia Maneiro e Sabela Maneiro son Tanxugueiras | Fonte: © Rocío Cibes

A primeira cita será no ciclo de concertos Orballo Cultural o sábado 19, cuxas entradas xa están á veenda. O domingo 20 a terraza do edificio da SGAE en Santiago de Compostela acollerá ao trío, que actuará ás 13.45h. Este concerto enmárcase dentro do ciclo Acento, unha iniciativa da Fundación Sgae co obxectivo de promocionar "a lingua galega como vehículo de expresión artística" e que contará coa presenza de outros artistas como Paulinha e Grande Amore. 

A estes dous concertos súmanse o anuncio da actuación con Kiko Veneno o 19 de agosto, dentro do Fesival Terraceo no auditorio Mar de Vigo, e a participación nas Festas de Santa Comba o 29 de xuño. Ademais, terán máis concertos nacionais e internacionais este verán, pois actuarán en Bélxica no Festival Internacional de Folk Goikoorts e en Murcia no festival La Mar de Músicas. 

Ademais, as Tanxungueiras darán por pechada a súa serie de conversas virtuais Mira unha cousiña... con conversas co produtor Raül Refree o día 14, e co músico Iván Ferreiro, con quen celebrarán o Día da Música o vindeiro 21 de xuño.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta