A defensa pide a absolución da acusada de matar a dous anciáns en Arzúa

A muller está diagnosticada de esquizofrenia desde 1994.

Por E.P. | A CORUÑA | 21/05/2021 | Actualizada ás 12:33

Comparte esta noticia

A defensa da acusada de matar, en xullo de 2016, a dous anciáns aos que coidaba en Arzúa pediu a absolución da súa clienta, no xuízo que se celebra na Audiencia coruñesa. A letrada alega que a súa defendida, diagnosticada de esquizofrenia desde 1994, sufriu un brote psicótico que lle impedía ser consciente dos seus actos cando, segundo o escrito do Ministerio Público, agrediu cun coitelo á madriña do seu marido e á parella desta mentres durmían. Tamén sostén que non é "perigosa" se recibe correctamente a súa medicación.

Do mesmo xeito que no primeiro xuízo --esta é a segunda vez que se celebra despois de que o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) ordenase que se repetise--, a acusada acolleuse ao seu dereito a non declarar, como tamén o fixeron o seu marido e a súa filla que compareceron como testemuñas.

A Fiscalía acusa a procesada de dous delitos de homicidio, aínda que inicialmente no seu escrito a acusara de dous delitos de asasinato e un de lesións por atacar o seu sogro, pedindo, na súa cualificación inicial, a súa condena a 43 anos de internamento para tratamento médico. O Ministerio Fiscal coincide coa defensa en que a muller non era consciente dos seus actos, pero pide unha "medida de control" para que non se cause dano a ela ou aos demais.

SEGUNDO XUÍZO

Esta é a segunda vez que se celebra o xuízo despois de que o TSXG estimase o recurso de apelación contra a sentenza da Audiencia Provincial da Coruña que decretou o seu internamento nun centro psiquiátrico penal.

No primeiro xuízo, o xurado considerouna culpable de dous homicidios dolosos, pero tamén viu probado que durante a comisión dos feitos a acusada presentaba un trastorno psicótico agudo que anulaba totalmente as súas capacidades cognitivas e volitivas. En base a ese veredicto, a Audiencia Provincial da Coruña absolveu á muller por falta de imputabilidade, pero acordou o seu internamento para tratamento médico por tempo máximo de trinta anos.

Xulgados
Xulgados | Fonte: Europa Press.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta