O incendio do Courel afecta xa a 250 hectáreas

Tamén arderon xa máis de 200 hectáreas noutros incendios de Cerdedo-Cotobade, Rodeiro, Monforte e Calvos de Randín.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 01/04/2021 | Actualizada ás 19:48

Comparte esta noticia

O incendio rexistrado en Folgoso do Courel afecta xa a unha superficie de 250 hectáreas, segundo a última información facilitada na conta de Twitter do número 085 habilitado pola Xunta para informar os incendios forestais. Dos lumes que se iniciaron nas últimas horas e que permanecen activos, segundo informou a Consellería do Medio Rural, o de maior afectación é o de Folgoso do Courel onde dunha superficie de 100 hectáreas afectadas pasouse xa a 250.

No entanto, desactivouse o nivel dous neste lume rexistrado na parroquia de Meiraos ao non haber perigo para os núcleos poboacionais, segundo trasladou o departamento autonómico.

No caso do incendio en Cerdedo-Cotobade (Pontevedra), dáse por controlado, segundo informa a conta de Twitter da Xunta, o lume na parroquia de San Xurxo de Sacos, que comezou pasadas as 23,56 horas da pasada noite. Segundo as últimas estimacións, a superficie afectada é dunhas 50 hectáreas.

No concello pontevedrés de Rodeiro, parroquia de Pedroso, dáse, mentres, por extinguido o incendio que comezou pasadas as 23,40 horas. De acordo coas últimas medicións, a superficie afectada é de 126 hectáreas, 120 de monte raso e seis de arborado.

CONTROLADO O DE MONFORTE DE LEMOS

Por outra banda, ás 05,50 horas desta madrugada quedou controlado o incendio rexistrado no concello de Monforte de Lemos (Lugo), na parroquia de Marcelle, tras comezar este mércores ás 13,53 horas. Tras unha nova medición, a superficie afectada é de 38 hectáreas, precisa a Consellería. Delas 30 son arborada e oito de monte raso.

Á súa vez, en Calvos de Randín o incendio rexistrado con catro focos neste concello, na parroquia de Randín, quedou extinguido ás 23,58 horas da pasada noite tras comezar ás 21,20 horas. De acordo coas últimas estimacións, a superficie afectada foi de 0,8 hectáreas dentro do Parque Natural de Baixa Limia-Serra do Xurés, dos cales 0,1 foron arborada e o resto monte raso.

Unha Brigada de Loita contra Incendios Forestais do MITECO loita contra un incendio forestal.. MITECO - Arquivo
Unha Brigada de Loita contra Incendios Forestais do MITECO loita contra un incendio forestal.. MITECO - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta