Catro novos falecidos por COVID en Galicia soben a 2.300 o total de vítimas

As catro persoas padecían patoloxías previas.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 14/03/2021 | Actualizada ás 20:37

Comparte esta noticia

A Consellería de Sanidade notificou este domingo o falecemento doutras catro persoas con coronavirus, o que eleva a 2.300 o número de vítimas da pandemia en Galicia.

Este catro persoas contaban con patoloxías previas. Dúas delas faleceron no Complexo Hospitalario Universitario de Santiago. Trátase de dous homes de 89 e 79 anos.

Un terceiro home de 85 anos faleceu no Complexo Hospitalario Universitario da Coruña e a cuarta vítima foi unha muller de 72 anos que morreu no Complexo Hospitalario Universitario de Vigo. O catro óbitos tiveron este sábado, día 13.

Unha das UCIs do CHUAC
Unha das UCIs do CHUAC | Fonte: remitida

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta