O PSdeG acusa ao PPdeG de utilizar a TVG como un "arma de manipulación masiva"

Os socialistas presentan unha pregunta pola entrevista en castelán na Radio Galega ao ex alcalde da Coruña, Paco Vázquez, cando un dos principios do ente público é a defensa e difusión do idioma.

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 29/12/2020 | Actualizada ás 21:00

Comparte esta noticia

O parlamentario socialista Julio Torrado acusou este martes aos populares e ao responsable da CRTVG de empregar o medio público como “arma de manipulación masiva” e mesmo como “bazooka intoxicador de noticias”. Así o dixo no debate dunha pregunta oral sobre a decisión da TVG de deixar sen atender á presentación da incorporación do románico da Ribeira Saca luguesa á Ruta transrománica europea, por parte da Deputación de Lugo.

O responsable socialista criticou que o ente público decidira suprimir das previsións informativas unha cobertura positiva para a candidatura da Ribeira Sacra a Patrimonio da Humanidade da Unesco, simplemente porque corría a conta do presidente da Deputación, o socialista José Tomé. Sinalou que “semella que o feito de ser dirixentes ou persoas do PSdeG fixera máis difícil que a TVG cubrira novas que poden ser boas para o conxunto da cidadanía”.

Durante a comparecencia, o propio director xeral da CRTVG comparou os datos de cobertura da Deputación de Ourense e a de Lugo, e suliñou que a primeira tivo 34 pezas fronte a 25 da segunda entre xaneiro e finais novembro, "o que evidencia que o ente ourensá tivo máis atención da TVG que o de Lugo", para o PSdeG. "Sorprende que teñan a ben cubrir cada suspiro, cada chiscar de ollos, cada cambio de garabata do presidente da Xunta ou da Deputación de Ourense", dixo.

Así, advertiu que “sempre coincide” que as prioridades informativas do día prexudican aos representantes socialistas, ao contrario de cando se trata de representantes do PP. Torrado lembrou que o próximo venres, primeiro día de ano, será o “venres negro” número 137, no que os traballadores protestan pola falla de obxectividade e contra a manipulación política dos servizos informativos. Sinalou que malia que o director xeral do ente afirme que pechan o ano “razoablemente estable no plano laboral” en realidade “a CRTVG é estable pero no negativo” e chamou a “ter en conta tamén a dignidade do medio público e da profesión xornalística”.

LINGUA

Chapa co lema 'eu non manipulo' contra as manipulacións na CRTVG
Chapa co lema 'eu non manipulo' contra as manipulacións na CRTVG

Por outra banda,  a parlamentaria socialista Noa Díaz presentou unha pregunta oral sobre a decisión da Radio Galega de facerlle unha entrevista en rigoroso castelán ao ex alcalde da Coruña, Francisco Vázquez. Díaz sinalou que a situación “non é comprensible”, resulta “inadmisible” e “significa, para a actual dirección da CRTVG, promover a diglosia” vulnerando o marco normativo e os principios fundacionais do ente.

 Lembrou que un dos principios da Corporación é precisamente “a promoción e difusión da cultura e lingua galegas, así como a defensa da entidade de Galicia”. Explicou ademais que malia que a entrevista fora realizada con motivo da véspera da celebración da Constitución Española, en realidade “toda a conversa xirou en torno ás críticas ao Goberno de coalición do Estado”.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Gamela

A xente do PSdG que habita no Parlamento do Hórreo parece non estar neste mundo... Vigo leva 15 días aturando ao alcalde tódalas noites ás 20 horas contando a súa vida e fazañas na televisión local e enlaza directamente a través da páxina web do Concello sen rubor !!! https://youtu.be/L_S8IoB77lU?t=634 Empregar a TeleVigo para facer campaña contra todo e contra todos aproveitando o Nadal debera ser DELITO pero para estes socialistas esta realidade Non Existe ! Pandilla de Hipócritas do Carallo !!!