Hablamos Español insiste en que o castelán está "prohibido por decreto" nas escolas galegas

Critican que a Xunta enviara un cuestionario sobre o emprego do galego, no que ven un "adoctrinamento nacionalista" por parte do goberno do PP, a pesar das críticas de Feijóo ao novo decreto do ensino.

Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 19/11/2020 | Actualizada ás 09:00

Comparte esta noticia

Novo episodio de denuncia por parte de Hablamos Español, a plataforma comandada por Gloria Lago que uns meses atrás cargou xa contra a iniciativa da canle xabarín da Mesa. Agora, a organización vén de aproveitar un formulario achegado pola Xunta aos pais dun colexio de Vilagarcía para volver atacar o que eles consideran un caso de "discriminación e adoctrinamento" no ensino galego e acusan ao Goberno galego, do PP, de "adoptrinamento nacionalista", a pesar das críticas de Feijóo ao novo decreto do ensino do Goberno de Sánchez.

Escolares.. GOBERNO VASCO
Escolares.. GOBERNO VASCO

A polémica xorde, desta vez, porque as familias do colexio de primaria Os Piñeiriños recibiron un cuestionario da Xunta sobre o coñecemento e uso da lingua galega no fogar. Segundo a plataforma, trátase dun cuestionario que se envía a moitas familias no que se inquire polos usos lingüísticos no fogar. De acordo coa organización, o obxectivo é que os pais e nais "se pronuncien sobre se cren que debería haber máis clases en galego, ou se as Matemáticas se poden aprender neste idioma".

Aí está a crítica da plataforma de Lago, que destaca a necesidade de "ter presente que en Galicia, en Primaria, por decreto, o español só está asignado á materia de Matemáticas, xa que tanto Ciencias Sociais como Ciencias Naturais son obrigatorias en galego". Ante esas circunstancias, a asocaición ve "rechamante" que o goberno autonómico "pregunte se cren que as Matemáticas poden aprenderse en galego".

O CASTELÁN, "PROHIBIDO" NAS ESCOLAS

"Por outra banda", critican, "a Consellería de Educación non lles pregunta se queren recibir máis clases en español e a cuestión sobre a superioridade intelectual de quen fala español está fóra de lugar e é unha reiteración dos  mantras nacionalistas, que sosteñen que quen ten como lingua propia o español ten prexuízos".

A crítica da plataforma remata aludindo a que, "por decreto está prohibido o uso do español na administración educativa", xa que, apuntan, "toda a visibilidade dos centros, as súas comunicacións co alumnado, co profesorado e coas familias está prohibido en español". Ante esta circunstancias, "este tipo de cuestionarios son contemplados con receo e como unha mostra máis do empeño do goberno galego en transmitir que o galego é a lingua asociada á educación e a cultura e a que debería transmitirse nas familias", di.

"Desde Falamos Español dirixímonos aos responsables da Consellería de Educación para solicitar máis información sobre a finalidade deste cuestionario, que algunhas familias non saben se é realmente anónimo", engaden. "Galicia é unha das Comunidades Autónomas onde máis preocupación existe á hora de denunciar publicamente os casos de discriminación e  adoctrinamiento no ensino xa que cuestionar a normalización lingüística converteuse nun tabú".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 4 comentarios

4 Miaica

Ultranacionalistas españois facendo fascistadas: minten e sábeno. Pero teñen o seu público e mercanlles a mensaxe. O pior é que moitos galegos tamén. O único real aí é que a lingua galega morre e istes impresentábeis queren rematala xa. Noxento.

3 Borja

Veamos... O documento que adxuntan é de un colexio, concretamente do equipo de dinamización lingüística do centro. O encabezado que leva da Xunta é o que levan tódolos colexios nas comunicacións que envían a alumnos e profesorado, sempre xunto o nome do colexio e sua información, como os teléfonos e direccións. Nos centros de saúde sucede o mesmo pero levando o logo do Sergas. Dito o anterior dende o titular desinforma, ademais con mala fé porque lles escribín avisándolles do erro e nin caso. Aínda así, se fose a Xunta a que enviase a mensaxe, tampouco lle vexo mal por ningún lado. Me da que hai algunha "vox" que considera parvos a xente que vive fóra de Galicia e intenta enganalos cunha realidade paralela.

2 Pepon sobriño

Psiquiatra, Psiquiatra, Psiquiatra

1 hildegart

Por favor, non bebades o xel hidroalcoholico, que produce alucinacións. E que non aprendedes !!!