Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 05/10/2020 | Actualizada ás 14:02
O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, asegurou que no caso de Galicia todas as decisións que toman os políticos no ámbito sanitario, ante a situación creada polo coronavirus, fainas seguindo o que propón o comité clínico do Sergas.
Así, sinalou que en Galicia hai "34 persoas con nome e apelidos" que traballaron de maneira "ininterrompida" desde que empezou a pandemia no Comité galego de saúde". "Nós non tomamos ningunha decisión sen que este comité o propoña, o estude e o avalíe", remarcou.
Durante unha visita realizada ás instalacións da Cociña Económica, que foron obxecto dunha reforma nos últimos meses, Feijóo destacou que o seu goberno sempre se rexeu por recomendacións de "epidemiólogos, especialistas en medicina preventiva, urxencíologos, ucistas, médicos especialistas en enfermidades infecciosas, xeriatras, enfermeiros, médicos de atención primaria". "En total, 34 facultativos e persoal sanitario que nos guía de forma continuada nesta travesía da epidemia", dixo.
DEFENDE QUE EN GALICIA XA HAI COMITÉ
Por último, Núñez Feijóo destacou que "en Galicia non hai que reivindicar un comité científico", porque "é xa o que decide as medidas que van adoptar en cada municipio e que van tomando de forma continuada".
Así, lembrou que concretou en Galicia os protocolos de actuación en cada caso, tal e como levamos facendo desde o primeiro día. E así "o seguiremos facendo", indicou, para apuntar que tras os consellos dos científicos, posteriormente os políticos, que son os que teñen "competencias", teñen que "asinar, aprobar e implementar".
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.