En Marea pide o "cesamento inmediato" do director xeral de Defensa do Monte tras os incendios de Ourense

O grupo político lamentou que a "única política" da Xunta consista en "esperar que a choiva apague os lumes", polo que a tachou de "incompetente e neglixente".

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 14/09/2020 | Actualizada ás 19:53

Comparte esta noticia

En Marea reclamou o "cesamento inmediato" do director xeral de Defensa do Monte da Xunta, Tomás Fernández-Couto, tras os incendios rexistrados na provincia de Ourense e demandou que o Goberno galego articule "un plan de prevención para evitar estas catástrofes".

Nun comunicado, a formación tachou de "irresponsable" ao número un do departamento de Defensa do Monte e reprobou que declarase "que sabía o que ía pasar" mentres ardían a "riqueza" e o "patrimonio" de localidades da provincia de Ourense.

Neste sentido, En Marea afirmou que "a solución para a problemática dos incendios pasa pola política territorial" e insistiu na necesidade de que se adopten "medidas reais e a longo prazo" para previlos.

Mentres, lamentou que a "única política" da Xunta consista en "esperar que a choiva apague os lumes", polo que a tachou de "incompetente e neglixente".

Nesta liña, a formación recalcou que se trata dun problema que afecta a "todo o territorio" e cuxa solución pasa por "reconducir o abandono da actividade agrogandeira e o despoboamento do rural", así como por "acabar coa eucaliptización e o monocultivo no monte".

Dous bombeiros das brigadas antiincendios da Xunta de Galicia traballan nos labores de extinción dun incendio. Carlos Castro - Europa Press - Arquivo
Dous bombeiros das brigadas antiincendios da Xunta de Galicia traballan nos labores de extinción dun incendio. Carlos Castro - Europa Press - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta