O emperador romano Magnencio recupera o seu monumento no Camiño de Santiago 1.700 anos despois

O Concello de Pontevedra vén de instalar unha réplica do monolito de Cerpozóns a instancias dunha asociación veciñal.

Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 15/09/2020 | Actualizada ás 09:15

Comparte esta noticia

Foi polo século IV cando os romanos de Hispania colocaron a uns 57 kilómetros de Santiago o 'miliario' na honra do emperador Magnencio. Hoxe, 1.700 anos despois, a vila de Cerpozóns recuperará o seu monolito ó emperador grazas ó impulso da asociación veciñal O Chedeiro e a Concellería de Promoción Económica e Turismo de Pontevedra.

Acto inaugural da réplica do monolito do 350 a.c. en hora ó emperador romano Magnencio, na vila pontevedresa de Cerpozóns
Acto inaugural da réplica do monolito do 350 a.c. en hora ó emperador romano Magnencio, na vila pontevedresa de Cerpozóns | Fonte: PSOE Pontevedra

O monolito estará disposto no mesmo punto do Camiño de Santiago no que se situaba o orixinal -hoxe conservado no Museo de Pontevedra- e conta cunha inscripción adicional que dá a benvida ós peregrinos en en varios idiomas. Tamén permanece o texto orixinal, dedicado ó "pío, feliz e augusto" emperador.

A función dos miliares como o que hoxe replica a Concellería era marcar as distancias entre cidades ou referencias no Imperio Romano, tratándose o de Cerpozóns dunha sinal relativa a Santiago de Compostela. Dende o Concello indica que a disposición histórica deste elemento "permite indicar  un punto da Ruta Xacobea polo que pasaba a Vía Romana XIX,

construída fai 2.000 anos".

INICIATIVA VECIÑAL

Á inauguración do monolito desprazáronse a concelleira de Promoción Económica e Turismo, Yoya Blanco, a presidenta da asociación veciñal O Chedeiro, Liliana Casás, e do seu secretario, Juan José Esperón. A presidenta da plataforma agradeceu a Blanco o seu apoio á demanda veciñal “nestes tempos tan difíciles nos que resulta moi

complicado facer cousas”.

Casás aproveitou a ocasión para convidar “a todo o mundo a facer o Camiño Portugués, que pasa por Cerponzóns, e en especial aos pontevedreses, aos urbanitas e aos veciños das demais parroquias”. “Que nos veñan coñecer -asegurou Liliana Casás-, que non

se van arrepentir".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 4 comentarios

4 Noa

Os socioslistos do Lores son así, como o propio Lores e o BNG de Pontevedra: uns impostores! Tipo Feixoo, igual de colonizados, só que disfrazados de progres! Abonda de calar ante tanto lixo: "Modelo Pontevedra'!

3 Mexe

A lingua galega cara a desaparición total. Xa postos puideron poñelo en chinés ou deixalo en latín...

2 seixocici

O Concello de Pontevedra é de Galicia Bilingüe ou Hablemos Español? Outra española máis do BNG e socios nas institucións municipal e provincial? Pois, a lenda orixinal en latín está traducida, e claro SÓ EN CASTELÁN!!! Normal, o natural nun concello e deputación diglósica que coloca o galego de secundário. Como deve ser para os submisos colonizados!!!

1 Tocabolans

Ordiá...xa escrebían en Castelán 1000 anos antes do nacimento desta Vizosa (e para nos Asobalaldora) Língua......Autocolonizados!!!!.