Morre Fernando Molina, un dos grandes investigadores do castiñeiro e piñeiro do país

Tiña 102 anos e foi o primeiro presidente da Asociación Forestal de Galicia.

Por Galicia Confidencial | Pontevedra | 02/07/2020 | Actualizada ás 19:42

Comparte esta noticia

Fernando Molina, un dos grandes pioneiros da investigación forestal en Galicia e presidente de honra da Asociación Forestal de Galicia, finou este mércores ós 102 anos, logo de toda unha vida adicada ó monte, a súa gran paixón. 

Fernando Molina
Fernando Molina | Fonte: blog.ingenierodemontes.com

A Asociación Forestal de Galicia (AFG) lamenta a perda de Molina que foi presidente desta entidade entre 1986 e o ano 2000.  "O seu pasamento representa unha gran perda para o mundo forestal galego, pois a parte de que foi un dos pioneiros da investigación forestal en Galicia, era unha persoa apreciada e querida no sector", apunta a entidade nun comunicado.

Nado en Pravia (Asturias) no 1918, Molina chegou a Galicia no 1947, ano no que comezou a traballar no que é hoxe o Centro de Investigación Forestal de Lourizán. Desde 1959 a 1985 dirixiu ininterrumpidamente o Centro, mantendo unha actividade moi prolífica como investigador. Destacan en especial as súas contribucións á mellora xenética do piñeiro do país (‘Pinus pinaster’) e do castiñeiro. 

Trala súa xubilación como funcionario público, Fernando Molina implicouse na posta en marcha da Asociación Forestal de Galicia. Durante o seu periplo profesional, no ano 1989, foi elixido como presidente do consello de membros da Unión de Silvicultores do Sur de Europa (USSE).

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta