Un equipo galego busca apoios para construír a primeira maquina do tempo

Trátase da produtora de experiencias Microsoños. Esta crea unha nova forma de ocio: as Filmersións, nas que os participantes convértense en protagonistas dunha historia.

Por Galicia Confidencial | LUGO | 01/07/2020 | Actualizada ás 09:00

Comparte esta noticia

A produtora galega de experiencias Microsoños lanza a campaña de crowdfunding “Construir unha máquina do tempo”, dirixida a recadar apoios para o seu novo proxecto: O Camiño Inmersivo. Este é unha Filmersión: un novo concepto de ocio no que o espectador tradicional dun filme convértese en participante da historia, que interactúa cos personaxes e forma parte da peza audiovisual resultante.

A Filmersión: un novo concepto de ocio no que o espectador tradicional dun filme convértese en participante da historia.
A Filmersión: un novo concepto de ocio no que o espectador tradicional dun filme convértese en participante da historia. | Fonte: Microsoños

As Filmersións contan cunha coidada ambientación, que mergulla aos participantes na época e no lugar retratados. Concretamente, as misións de O Camiño Inmersivo realizaranse en diversos puntos da xeografía galega, alí por onde pasa o Camiño de Santiago e a historia incorpora lendas desta lexendaria ruta.

A través da páxina de crowdfunding Goteo.Orgas persoas que desexen vivir a experiencia poden contribuír a facela posible. Ademais dunha tarxeta de embarque para participar na experiencia filmersiva, os mecenas recibirán diversas recompensas.

 

Os mecenas poderán escoller entre diversas modalidades de achegas: 15, 35, 45, 55, 65, 165 e 640, esta última orientada a empresas que queiran ligar a súa marca a un proxecto divertido e innovador. En función da opción escollida, recibirán unha serie de obsequios cos que Microsoños desexa agradecer a súa implicación.

 

O Camiño Inmersivo ofrece a posibilidade de formar parte do primeiro equipo de científicos que viaxan no tempo e de resolver no pasado un problema que ameaza o noso presente. Un xeito novidoso de vivir o cinema, no que se deixan de lado os convencionalismos do formato para mesturalo coa representación histórica e a adrenalina das experiencias de aventura.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta