Dúas empresas galegas crean unha máquina para a desinfección con ozono de lentes en ópticas

Facilita a limpeza nuns minutos e prevese o seu desenvolvemento para que chegue a zapatería, téxtil e xoiaría.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 22/06/2020 | Actualizada ás 11:12

Comparte esta noticia

Dúas empresas galegas, Optimil e Stark by Ausavil, crearon o 'Covid-Killer', unha máquina para a desinfección de coronavirus a través de ozono destinada a lentes en ópticas.

Nunha entrevista con Europa Press, o director xeral de Optimil, Manuel Baltar, explica que esta é unha solución "moi rápida" que naceu da necesidade de achegar "seguridade" aos clientes a raíz do impacto da COVID-19, dado que os ollos son "unha das portas de entrada" do virus.

En concreto, trátase dun expositor "estanco" que converte o osíxeno en ozono para a limpeza das lentes e despois volve converter o ozono en osíxeno "para que non prexudique á xente". Así, asegura que se poden desinfectar 36 lentes en dous minutos e medio --con sete minutos de estabilización de ozono-- e 70 lentes en cinco minutos --con 10 minutos de estabilización de ozono--.

Baltar indica que el e o seu equipo de Optimil deseñaron a idea e achegaron a solución, mentres se contou coa colaboración da fábrica da Estrada de Stark, que "leva tempo traballando co ozono".

COMERCIALIZACIÓN

Baltar sostén que o ozono é a "solución ideal", dado que outros métodos como o hipoclorito é "moi tedioso", mentres os raios ultravioletas "só actúan sobre a superficie na que inciden", polo que "é imposible chegar a todos os recunchos". O 'Covid-Killer' "xa non é só que mate o virus", senón que nunha óptica axiliza o funcionamento para a limpeza de lentes.

DESENVOLVEMENTO PARA MÁIS SECTORES

Tras un desenvolvemento "moi custoso", cun "importante" investimento para realizar o prototipo e as probas de laboratorio, actualmente xa se traballa en novos modelos co obxectivo de que se amplíe o seu uso a sectores como zapatería, téxtil e xoiaría.

Máquina 'Covid-Killer' nunha óptima de Optimil. OPTIMIL
Máquina 'Covid-Killer' nunha óptima de Optimil. OPTIMIL | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta