Nais e pais denuncian o "abandono" da Xunta a alumnado ante a valedora do Pobo

Subliñan a situación en que quedou o estudantado que, "por diversas razón", non puido incorporarse con facilidade á educación telemática. Esixen unha "investigación acougada e obxectiva".

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 01/06/2020 | Actualizada ás 21:30

Comparte esta noticia

Anpas Galegas presentou unha queixa ante a institución do Valedor do Pobo, que dirixe María Dolores Fernández Galiño, na que denuncia o "abandono" da Xunta "a todo o alumnado" que, por "diversas razóns", pero "sobre todo pola súa presenza previa a un colectivo con necesidades especiais", non puido incorporarse con facilidade "ao desenvolvemento de todo o que se fixo desde o 13 de marzo pasado".

Baixo o punto de vista da asociación, a situación que se creou en Galicia por mor da crise sanitaria do coronavirus no ámbito educativo esixe "unha investigación acougada e obxectiva".

Segundo recolle a queixa, foron "as persoas individuais" e non o colectivo "organizado", os que "sacaron adiante, sen axuda, sen colaboración, sen instrucións nin medios, un curso escolar que máis que nunca necesitaría dunha forte guía de traballo e do máximo apoio institucional".

"Non houbo directrices, nin facilidades, nin instrucións precisas, nin medios dispoñibles, para que o profesorado puidese facer un traballo uniforme, homoxéneo, válido para todas as circunstancias", afea Anpas Galegas, nun comunicado.

"A Consellería limitouse a deixar toda a acción en mans do persoal docente e das direccións dos centros educativos e aí estamos aínda agora", lamenta a asociación, que pon o foco tamén no curso próximo.

Un neno estuda e fai os deberes en casa en Madrid este mércores.. Eduardo Parra - Europa Press
Un neno estuda e fai os deberes en casa en Madrid este mércores.. Eduardo Parra - Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta