Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 09/04/2020 | Actualizada ás 12:14
O Goberno galego xa repartiu a práctica totalidade dos portátiles con conexión a internet destinados a familias e alumnos con menos recursos que se atopen cursando secundaria, bacharelato ou formación profesional.
Trátase dunha das medidas impulsadas para tentar paliar a fenda dixital presente entre o alumnado de diferente capacidade económica e da influencia da dispersión xeográfica. A través da colaboración cos operadores R, Vodafone e Orange, as familias recibiron equipos en préstamo e conectividade para facilitar o seguimento da actividade educativa mentres dure o estado de alarma decretado pola alerta sanitaria.
Os materiais, que ascenden a un milleiro de equipos, entréganse a través dos centros. A porcentaxe de computadores que faltan entregarase á a volta das vacacións de Semana Santa. Cada un dos centros recibe tres equipos que distribuirá entre as familias segundo a súa situación económica, priorizando aos estudantes que estean a cursar o final de etapa na que titulen (4º de ESO, 2º de Bacharelato e 2º de FP) e a quen non dispoñan de medios nos seus fogares.
Doutra banda, o Ministerio de Educación remitirá 928 unidades de liñas de datos de alta capacidade para estudantes de bacharelato e de FP medio e superior en Galicia, a través dunha colaboración con Telefónica.
A Consellería de Educación tamén puxo a disposición dos docentes, esta semana, unha plataforma de videoconferencia, que xa permitiu máis de 30.000 comunicacións entre 100.000 profesores e alumnos.
Desde o pasado luns, os provedores de contidos de E-Dixgal (aulaPlaneta, Edebé, Netex e Pearson) permiten o acceso aos centros que non están integrados na iniciativa, unha medida que podería chegar a preto de 95.000 mozos.
"NON SERVE"
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.