A Valedora do Pobo transfire dous millóns á Xunta para apoiar a loita contra a COVID-19

Fernández Galiño remite un escrito ao presidente do Parlamento no que comunica a decisión ante a emerxencia sanitaria.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 09/04/2020 | Actualizada ás 10:36

Comparte esta noticia

A institución Valedor do Pobo, que dirixe María Dolores Fernández Galiño, transferirá unha achega de 2 millóns de euros á Xunta como medida de apoio á xestión da emerxencia sanitaria derivada da pandemia provocada polo COVID-19.

Despois de que a semana pasada o Parlamento de Galicia anunciase o traspaso doutros dous millóns de euros á Administración autonómica, a valedora comunicou ao presidente do Lexislativo galego, Miguel Santalices, a súa vontade de efectuar tamén un traspaso por esta cantidade de fondos procedentes do remanente de tesouraría.

Diso informa a defensoría galega nun comunicado, no que detalla que a medida será validada por resolución do presidente do Parlamento e posteriormente ratificada pola Mesa da Deputación Permanente.

A institución destaca que, con este xesto, quérese sumar ao do Parlamento galego que o pasado día 3 de abril acordou transferir á Administración autonómica outra partida de 2 millóns, tamén procedentes do remanente de tesouraría, par apoiar a xestión da Xunta na pandemia.

A valedora do Pobo, María Dolores Fernández Galiño, intervén na Comisión de Peticións da Cámara galega
A valedora do Pobo, María Dolores Fernández Galiño, intervén na Comisión de Peticións da Cámara galega

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta