Limitada a publicidade do xogo 'en liña' á madrugada para evitar dependencias na corentena

Pablo Iglesias defende a medida para "evitar condutas de consumo compulsivo ou mesmo patolóxicas" nestes meses.

Por Europa Press / Redacción | MADRID | 31/03/2020 | Actualizada ás 20:12

Comparte esta noticia

O Consello de Ministros aprobou este martes unha serie de medidas de restrición da publicidade do xogo e as apostas 'en liña' de ámbito estatal, que limitan a emisión destes anuncios á franxa de 1.00 a 5.00 da madrugada en televisións, radios e plataformas de intercambio de vídeos como Youtube, durante o tempo de vixencia da declaración do estado de alarma pola crise do coronavirus.

Así o anunciou o vicepresidente de Dereitos Sociais e Axenda 2030, Pablo Iglesias, na rolda de prensa telemática posterior á reunión do Consello de Ministros. "Nun contexto de confinamento faise máis necesario protexer ás persoas que teñen problemas co xogo", explicou.

Xogos e apostas online
Xogos e apostas online | Fonte: Pixabay.

"Dadas as implicacións da declaración do estado de alarma en termos de mobilidade e oferta de lecer dispoñible para os cidadáns, para evitar a intensificación do consumo de xogos de azar en liña (en particular, os xogos de casino, bingo e póker), que pode derivar en condutas de consumo compulsivo ou mesmo patolóxico (especialmente para protexer aos menores de idade, adultos novos ou persoas con trastornos de xogo nun momento de maior exposición), limítanse as comunicacións comerciais que realizan os operadores de xogo de ámbito estatal, incluíndo ás entidades designadas para a comercialización dos xogos de lotaría", explica o Executivo no texto.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta