Unha avaría no Irixo obriga a parar dous trens e trasladar en bus a 160 pasaxeiros

Ninguén resultou ferido nin necesitou asistencia sanitaria.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 16/11/2019 | Actualizada ás 19:35

Comparte esta noticia

Unha avaría na catenaria no Irixo obrigou a parar dous trens. Así, foi necesario o transbordo de 160 pasaxeiros en autobús, que chegaron ao seu destino con horas de atraso.

Segundo informa o 112 Galicia, os feitos tiveron lugar sobre as 14,00 horas. Adif púxose en contacto co centro de atención a emerxencias para solicitar apoio co fin de evacuar aos pasaxeiros con seguridade. Ningún resultou ferido nin necesitou asistencia sanitaria.

Foron avisados para esta actuación, entre outros, bombeiros de Ourense, axentes de Policía Local e Nacional, así como membros de Protección Civil.

A intervención dos equipos de emerxencia terminou ás 16,15 cando todos os pasaxeiros foron evacuados. Ás 17,30 horas o persoal de Adif informaba ao 112 de que a avaría fora solucionada e a circulación restablecida.

Tren de Renfe- Arquivo
Tren de Renfe- Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta